O Pinarium proclámase campión galego de campo a través en tres categorías de base
Por Redacción
O Club Deportivo Pinarium mantén a tradición e volveu proclamarse campión galego de campo a través. No campionato celebrado na Rúa, os novos corredores do club pontevedrés conseguiron tres medallas en diferentes categorías.
A medalla de ouro conseguírona Lorena Patiño Villanueva en categoría sub 14 feminina e Pablo Barreiro en sub 10 masculina. Mentres que Martiín Otero logrou un valioso segundo posto en sub 10 masculino.
Os bos resultados deste campionato serven de impulso ao club pontevedrés para seguir potenciando o deporte de base e fomentar a práctica e os valores do deporte entre a poboación máis nova.