O Pinarium, satisfeito cos seus resultados nas primeiras competicións de base da tempada
Por Redacción
O regreso nas últimas semanas das competicións de base nos diferentes deportes permitiu volver competir ao Club Deportivo Pinarium.
De feito o club pontevedrés presume dos resultados logrados por algúns dos seus pupilos tanto no recente Campionato Galego de Fondo e Medio Fondo de Atletismo nas categorías Sub10-12-14 como no Campionato Galego de Dúatlon.
A primeira das citas celebrouse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, e alí o Pinarium sumou unha medalla de ouro por medio de Pablo Barreiro (sub-12) nos 1.000 metros e unha prata con Martín Otero (sub-12) nos 500 metros. Ambos os dous, do mesmo xeito que a súa compañeira Alba Solla ( sub-10) nos 500 metros conseguiron bater ademais a súa mellor marca persoal.
Pola súa banda a escola de tríatlon do Pinarium desprazouse a Narón, onde a súa deportista Lorena Patiño proclamouse campioa galega cadete, un resultado que a clasifica para o Campionato de España de Dúatlon do 10 Abril na localidade asturiana de Avilés.
Relacionadas:
-
O CD Pinarium celebra ao grande o final do seu campus de tríatlon
Por Redacción |
-
Nagore Otero consegue a medalla máis celebrada para o CD Pinarium
Por Diego Espiño |
-
Gimnástica e Pinarium, protagonistas no Campionato Galego de Atletismo Sub-10-12-14
Por Redacción |
-
O Pinarium proclámase campión galego de campo a través en tres categorías de base
Por Redacción |