Gimnástica e Pinarium, protagonistas no Campionato Galego de Atletismo Sub-10-12-14
Por Redacción
Ourense foi escenario a fin de semana do primeiro Campionato Galego en Pista Cuberta da tempada, o das categorías máis novas.
Ata a Cidade das Burgas desprazáronse os deportistas Sub-10-12-14 de clubs como a Sociedade Gimnástica de Pontevedra ou o Club Deportivo Pinarium de Marín, entre outros. Ambos os dous foron protagonistas polos bos resultados dos seus atletas.
Na Gimnástica sumáronse seis medallas. Dous delas foron para Nicolás Quiñones, con senllos bronces nos 60 valos e no triplo salto en idade Sub-14. Ademais Hugo Casañas conseguiu a medalla de ouro no peso Sub-12 e Eloy Acuña venceu no peso Sub-14, mentres que Marina Pérez e Carmen Saavedra foron segunda e terceira na pértega Sub-14.
En canto ao Pinarium, súas foron tres medallas grazas á prata de Martín Otero en lonxitude Sub-10 e os bronces de Pablo Barreiro en 50 metros Sub-10 e de Carlos García en peso Sub-10.
A competición autonómica centrouse nos concursos, valos e velocidade, contando cunha importante participación.
Relacionadas:
-
Nagore Otero consegue a medalla máis celebrada para o CD Pinarium
Por Diego Espiño |
-
O Pinarium, satisfeito cos seus resultados nas primeiras competicións de base da tempada
Por Redacción |
-
A Gimnástica alerta dun erro de impresión na súa lotería do Neno
Por Redacción |
-
Prata e bronce para os equipos da Gimnástica no campionato galego de probas combinadas
Por Redacción |
-
Ouro para Antía e prata para Daniel Chamosa no Campionato Galego de Marcha en Pista
Por Redacción & Cristina Saiz |