Silvia Aguete dá o susto no empate entre Poio Pescamar e Ourense en Copa Galicia (0-0)
Por Redacción
O resultado do partido de ida das semifinais da Copa Galicia de fútbol sala que enfrontaba este mércores a Poio Pescamar e a Ourense Envialia quedou nun segundo plano.
Foi así debido ao enorme susto protagonizado por Silvia Aguete, que tivo que ser atendida sobre a pista polos servizos médicos e trasladada ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez como consecuencia dun golpe na cabeza tras un choque coa visitante Sara Santos.
A acción, que deixou á gardameta internacional no chan cunha perda momentánea de consciencia, provocou que o partido estivese parado durante moitos minutos, pouco antes do descanso.
Ata ese momento, a propia Sara Santos tivera a ocasión máis clara para adiantar ao seu equipo, nun duelo moi disputado.
Xa na segunda metade, as ourensás gozaron dalgunha acción clara, pero a boa actuación de Caridad en portería, substituíndo a Silvia, evitouno. As vermellas estiveron tamén preto do gol, pero toparon coa madeira na súa mellor ocasión.
Ao final, empate sen goles que deixa a resolución da eliminatoria para a volta prevista para o día 18 de marzo no pavillón dos Remedios.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar buscará o pase á final da Copa Galicia unha semana antes do inicio da liga
Por Manu Otero |
-
Novo derbi para o Poio Pescamar ante un 'vello coñecido', o Ourense Envialia
Por Redacción |
-
As baixas non poden co Poio Pescamar e imponse ao Bilbo por 3-1
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Silvia Aguete, baixa por precaución para o partido de liga do Poio Pescamar ante o Bilbo
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar acode á Preferente para reforzarse e ficha a Lutxi
Por Redacción |
-
Nova derrota para un Poio Pescamar que non pode co UCAM Murcia (4-1)
Por Redacción |
-
Mercado reducido para o Poio Pescamar na súa procura de substituta para Clara, recentemente operada do xeonllo
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar recupera o sorriso en liga a conta do Alacante (2-0)
Por Manu Otero |
-
O Poio Pescamar vence pola mínima ao Roldan e avanza á final four da Copa da Raíña
Por Redacción & Diego Torrado |