O Poio Pescamar recupera o sorriso en liga a conta do Alacante (2-0)

Por Manu Otero
O Poio Pescamar recuperou o sorriso despois dun inicio de ano complicado con catro derrotas consecutivas en liga e a perda por lesión de longa duración de Clara. As de Raúl Jiménez xa cortaran a mala serie a semana pasada certificando a súa clasificación á final a catro da Copa da Raíña e este sábado volveron sumar tres necesarios puntos en liga despois de vencer por dous a cero ao Universidade de Alacante nun partido moi serio en defensa.
Aos catro minutos de xogo, o conxunto vermello conseguiu adiantarse no marcador por medio de Dani Sousa, que resolveu desde a posición do pivote unha asistencia de Mirian.
A sentenza chegou escasos minutos despois. Antes, as visitantes puideron igual por medio de Mónica, pero Irene logrou desviar o tiro. A continuación chegou o segundo e definitivo tanto do partido obra de Carol. A de Poio culminou no segundo pau un contragolpe xestionado por Ana Rivera e Dani Sousa.
O guion non variou demasiado no segundo acto. O conxunto conserveiro seguía centrado en defender a súa portería e matar o contraataque, mentres que as alacantinas buscaban sen sorte o gol con lanzamentos afastados. Un tiro afastado de Anita ao pau foi a acción máis perigosa das visitantes, aínda que xa non quedaría tempo de buscar o empate.
Poio Pescamar: Silvia; Ana Rivera, Cárol, Iria Saeta e Dani Sousa (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ana Rivrea, Irene, Mirian, Andrea e Anna Escribano.
UA Alacante FSF: Cristina; Carmen, Mariángeles, Anita e Sara (quinteto inicial). Tamén xogaron, Pao, Consolo, Mónica, Rocío, Elenita.
Goles: 1-0, min. 4, Dani Sousa. 2-0, min.11, Carol.
Árbitros: Andrés Pinilla Boullosa e Miguel Sierra Márquez do colexio galego. Recibiu cartolina amarela Dani Sousa no Poio Pescamar.
Incidencias: Pavillón Municipal de Poio. Uns 400 espectadores.
O Poio Pescamar vence ao Alacante
O Poio Pescamar derrotu por 2-0 ao Alacante en A Seca
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
As baixas non poden co Poio Pescamar e imponse ao Bilbo por 3-1
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Silvia Aguete dá o susto no empate entre Poio Pescamar e Ourense en Copa Galicia (0-0)
Por Redacción |
-
Nova derrota para un Poio Pescamar que non pode co UCAM Murcia (4-1)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar, a confirmar a súa melloría en Murcia
Por Redacción |
-
Mercado reducido para o Poio Pescamar na súa procura de substituta para Clara, recentemente operada do xeonllo
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar aparca a Copa para tentar rexurdir na liga
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar vence pola mínima ao Roldan e avanza á final four da Copa da Raíña
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Atlético Navalcarnero golea o Poio Pescamar, que suma a súa cuarta derrota consecutiva (7-1)
Por Redacción |