Nacho López estará "entre dos y tres semanas" de baixa
Por Diego Espiño
Aínda non se coñece o alcance exacto da lesión muscular que o obrigou a retirarse antes de tempo do campo na última xornada de liga, pero Nacho López xa sabe que terá que estar afastado dos terreos de xogo varias semanas.
O lateral asturiano do Pontevedra foi sometido a probas diagnósticas pero non reflectiron con claridade a doenza, polo que á espera de que someterse a novos controis non estará dispoñible o domingo para a visita do Real Madrid Castilla ao Estadio Municipal de Pasarón.
"En principio este fin de semana no se puede contar con él porque tiene molestias y va a hacer un trabajo evolutivo entre dos y tres semanas", recoñeceu este venres en rolda de prensa o técnico Jesús Ramos.
Sen Nacho dispoñible, a dúbida é quen ocupará o lateral dereito defensivo ante o filial madridista, aínda que o adestrador granate defende as súas opcións xa que "Campillo entrenó bien toda la semana, también está Santi y hemos probado con Jaouad en algún partido".
Precisamente a recuperación de Campillo tras sufrir unha escordadura de nocello alixeirou a enfermería deixando só nela aos lesionados Berrocal e Javi López, ademais do proipo Nacho López. Pola súa banda José García, que sufriu un golpe no adestramento do xoves, está plenamente recuperado e chegará sen complicación ao duelo da fin de semana.
Relacionadas:
-
As probas a Nacho López conclúen que non sofre "ningunha lesión de consideración"
Por Diego Espiño |
-
Rufo encandea a Pasarón nunha goleada sanadora do Pontevedra ante o Real Madrid Castilla (4-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O talento do Real Madrid Castilla, unha proba do algodón para o Pontevedra de Jesús Ramos
Por Diego Espiño |
-
Romay: "Jesús tiene una cosa muy buena, que nos conoce perfectamente y sabe dónde exprimirnos"
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Rodrygo, unha preocupación menos para o Pontevedra tras unha absurda expulsión
Por Diego Espiño |
-
Bo punto do Pontevedra ante o Atlético de Madrid B na estrea de Jesús Ramos (1-1)
Por Redacción |