Nova derrota para o Pontevedra B en casa do Moaña (3-2) e o Xuvenil de Ponteareas golea o Vilalonga por 2-6
Por Redacción
Dura derrota para o Pontevedra B esta fin de semana en casa do Moaña.
O partido púxose costa arriba para os granates despois dun gol de Darío cando se cumpría a media hora de xogo. Tras a continuación, o Pontevedra buscou o gol pero o choque terminou complicándose cando o colexiado pitou a pena máxima a favor do Moaña e Adri Cidrás transformouna para poñer o 2-0 no marcador.
O primeiro gol granate chegou no minuto 76 por mediación de Martín Diz, metendo ao seu equipo no partido pero, 3 minutos despois, o Moaña complicoulle as cousas despois de que Darío marcase un dobrete que puxo o 3-1.
Non quedaba tempo para moito máis e Marcos Pastoriza recortou para o Pontevedra e poñer o 3-2 co que finalizou o encontro.
De goleada perdeu o Vilalonga en San Pedro fronte ao Xuvenil de Ponteareas.
Os visitantes deixaron sentenciado o encontro no minuto 25, poñendo o 0-4 que non deixaba opcións de remontada.
Despois do descanso chegaron o resto de goles. No minuto 50, Marcos Blanco marcaba o primeiro tanto para os de San Pedro, pero cinco minutos despois, Pablo Piñeiro marcaba o quinto para o Ponteareas.
No 69, Iván Capelo sentenciou a goleada e a falta de dous minutos para a conclusión, David Calo maquillou o resultado poñendo o 2-6 final.
O que tamén perdeu foi o Cambados na súa casa fronte ao Barbadás por 1-4.
Os de Ourense adiantáronse ao final do primeiro tempo cun gol de Unai Gómez que lles permitía chegar ao descanso mandando pola mínima.
No 56, Isma puxo o 0-2 e deixou complicada a remontada para o Cambados e, en 10 minutos, Tiago e David Soares lograron o terceiro e cuarto gol para o Barbadás. O único gol dos locais chegou no minuto 71 por mediación de Caamaño.
Pola súa banda, o Sanxenxo perdeu a domicilio ante o Cultural Areas.
Os dous goles do Areas chegaron no minuto 6 e 70 por mediación de Zamorano e Víctor Vázquez.
Os que si que gañaron foron Ribadumia, Portonovo e Beluso.
O Ribadumia venceu a domicilio ao Porriño por 0-2 grazas aos goles de Rubén González e Rober Díz, encargado de sentenciar a vitoria no minuto 89.
Con este resultado, o Ribadumia segue máis líder e afástase en 6 puntos do segundo clasificado, o Atios, que perdeu pola mínima en casa do Portonovo cun gol de Diego Iglesias no minuto 75.
En canto ao Beluso, tamén gañou por 1-0 ante o San Ciprián cun gol de Jaco Millán no minuto 1.
Pola súa banda, Velle e Céltiga repartíronse os puntos nun partido onde non houbo goles.
Relacionadas:
-
A Federación Galega de Fútbol convoca aos clubs para coñecer a súa situación ante o estado de alarma
Por Redacción |
-
Repartición de puntos entre o Pontevedra B e o Atios (1-1) na Xunqueira
Por Redacción |
-
Un gol temperán condena o Pontevedra B na cancha do Areas (3-2)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B reencóntrase coa vitoria á conta do Ponteareas (2-1) e o Ribadumia colócase líder tras vencer ao Portonovo (1-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B déixa os tres puntos ante o Mondariz (0-1) e o Vilalonga perde o liderado tras caer contra o Gran Peña (0-1)
Por Redacción |