Os test de coronavirus previos aos play-off serán de balde para Arosa, Leis e O Fisgón
Por Redacción
Arosa, Leis Pontevedra e O Fisgón de Marín non deberán pagar do seu peto o custo dos test de Covid-19 que deberán realizar para participar nas fases de ascenso das súas respectivas categorías.
Así llo comunicou este venres a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) aos equipos que xogarán as fases de ascenso en categorías non profesionais, como é o caso dos tres clubs da comarca na Terceira División de fútbol e a Segunda B Masculina e Segunda Feminina de fútbol sala respectivamente.
Segundo o protocolo elaborado pola RFEF, os test serolóxicos realizaranse os días previos ao primeiro adestramento en grupo e ao primeiro partido de cada club.
Para iso a Federación chegou a un acordo coa Mutualidad de Futbolistas Españoles MUPRESFE para que se poidan realizar o correspondentes test nas sedes propias ou concertadas da mutualidade de forma gratuíta para todos os membros dos equipos con licenza federativa.
A circular 73 publicada polo organismo reitor do fútbol nacional establece que as probas deberán pasalas xogadores, staff técnico, médico, fisioterapeutas e resto do persoal do equipo, ademais de completar un cuestionario de saúde.
Os resultados dos test daranse a coñecer de forma confidencial ao responsable do Departamento Médico da RFEF e ao responsable designado para estes efectos polo club cando sexa un resultado positivo para proceder a aplicar as medidas oportunas.
Relacionadas:
-
Sen positivos na rolda de test realizada a Arousa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
Oficial: O Arosa xogará o ascenso a Segunda B no estadio vigués de Balaídos
Por Redacción |
-
O Fisgón e Leis, primeiros equipos galegos en someterse aos test de Covid-19
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Arosa, Leis e O Fisgón formalizan a súa inscrición para os play-off de ascenso
Por Redacción |
-
Balaídos, primeira opción para disputar o play-off de ascenso a Segunda B
Por Redacción |
-
O Arosa lucirá dorsais fixos nos partidos de play-off a Segunda B
Por Redacción |
-
Alfonso Fernández Paz adestrará ao primeiro equipo feminino do Leis
Por Redacción |
-
O Arosa planea retomar os adestramentos grupais a partir do 15 de xuño na Lomba
Por Redacción |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |
-
Fase 2 de desescalada no deporte: Arosa, Leis, e O Fisgón, coa mente posta nos play-off de ascenso
Por Almu Dapena |
-
A RFEF resolve a 2ª B e Terceira sen descensos e cunha fase de ascenso exprés para os catro primeiros de cada grupo
Por Manu Otero |