O Arosa planea retomar os adestramentos grupais a partir do 15 de xuño na Lomba
Por Redacción
Co ascenso a Segunda B entre cella e cella, o Arosa segue dando pasos de fronte ao play-off.
Máis aló dos adestramentos individuais previstos e os test aos que deberá someterse o plantel, a previsión da entidade arlequinada é poder retomar os adestramentos grupais, na fase de pre-competición, a partir do 15 de xuño "dentro das normas da desescalada".
Así o afirmou tras o encontro mantido este xoves polo presidente, Manolo Abalo, e o adestrador Rafa Sáez cos representantes da Fundación de Deportes.
A boa noticia para o Arosa será ademais que poderá utilizar a partir desa data o estadio municipal da Lomba, ao estar previsto que a empresa adxudicataria da renovación na cuberta da bancada conclúa os traballos nunha semana.
O Arosa comprometeuse a realizar un uso responsable das instalacións, para que supoñan o mínimo impacto posible agora que o céspede presenta un bo aspecto. Desta forma, no caso de mala climatoloxía, abriuse a posibilidade de adestrar en Fontecarmoa, tamén de céspede natural.
Previamente, ata o 15 de xuño, a Fundación de Deportes permitirá ao cadro arosista prepararse dentro da fase previa, con sesións individualizadas, nas instalacións do Manuel Jiménez, onde tamén levarán a cabo os pertinentes test médicos.
Desta forma o camiño para os de Rafa Sáez comeza a despexarse para unha fase de ascenso que terá, se a pandemia o permite, o seu primeiro partido ante o Ourense CF o 18 ou 19 de xullo, en sede aínda por designar, e cuxa final se disputaría o 25 de xullo ante o vencedor do Compostela-Barco.
Relacionadas:
-
Deporte sen franxas horarias e en grupos de ata 20 persoas na fase 3 de desescalada
Por Almu Dapena |
-
Arosa, Leis e O Fisgón formalizan a súa inscrición para os play-off de ascenso
Por Redacción |
-
Balaídos, primeira opción para disputar o play-off de ascenso a Segunda B
Por Redacción |
-
O Arosa lucirá dorsais fixos nos partidos de play-off a Segunda B
Por Redacción |
-
Os test de coronavirus previos aos play-off serán de balde para Arosa, Leis e O Fisgón
Por Redacción |
-
A Federación Española de Fútbol pon data posible aos play-off de Arosa, O Fisgón e Leis
Por Redacción |
-
Fase 2 de desescalada no deporte: Arosa, Leis, e O Fisgón, coa mente posta nos play-off de ascenso
Por Almu Dapena |
-
A RFEF resolve a 2ª B e Terceira sen descensos e cunha fase de ascenso exprés para os catro primeiros de cada grupo
Por Manu Otero |