Estudantes e deportistas. 100% de aprobados na EBAU para as xogadoras do Arxil
Por Almu Dapena
Compaxinar o deporte cos estudos sempre foi un reto para o alumnado e, chegados a unha idade, tenden a abandonar a práctica deportiva para centrarse exclusivamente en render academicamente.
Non é o caso de Mariña Vázquez, Iria Seoane, Sandra Carabelos e Carmen Tosar. As catro xogadoras de segundo ano júnior do Arxil, finalizaron segundo de bacharelato e presentáronse a EBAU, conseguindo superar a proba con boas notas. "Son un ejemplo para toda la cantera", comenta o directivo Lino Vázquez.
Esta xeración, que tivo que afrontar o último ano de instituto no medio dunha pandemia mundial, xa conseguiu ser campión de liga e agora terá que tomar a decisión de que fará no seu futuro académico.
Mariña Vázquez non ten moi claro o que quere estudar, pero valora a opción de irse a A Coruña a facer a carreira de Logopedia. Nese caso, buscará a maneira de compaxinar os estudos co deporte e seguir unha tempada máis no club verde. "Buscaré trenes para poder venir a entrenar por lo menos un par de días", explica.
Pola súa banda, o futuro de Carmen Tosar está no aire. A moza xogadora baralla varias opcións entre as que se atopan ADE e Dereito. Con todo, o aspecto deportivo non o ten claro "si me voy fuera no sé si seguiré jugando, acabo de salir de una lesión y necesitaría recuperación".
A que máis claro téñeno son Iria Seoane e Sandra Carabelos. A primeira ten pensado estudar Maxisterio, mentres que Sandra irase a Vigo a estudar o grao de Enxeñería Biomédica e, se o horario das clases permíteo, continuará no Arxil. "Tengo pensado seguir en el baloncesto", comenta, "cuando me estresaba recurría a él para liberarme y eso me permitía aumentar la concentración para preparar los exámenes".
En canto ao estudo durante a corentena, hai opinións dispares. A Sandra veulle ben, xa que "estar en casa nos forzó a estudiar, si no hubiera pandemia creo que habría estudiado menos", chanceou. Mariña tívoo máis complicado, nalgunhas materias custoulle máis que noutras, "las prácticas fue difícil y eso se reflejó en los exámenes". Sandra, pola súa banda, o que máis botou de menos foron os adestramentos coas súas compañeiras, aínda que desde o equipo mandábanlles táboas de exercicios para facer en casa, "faltaba el estar con las amigas".
En calquera caso, fagan o que fagan a tempada que vén, desde o club están orgullosos delas "esta es la filosofía con la que se creó el Arxil, formar jugadoras, educar, prestar apoyo educativo y crear equipo".
Relacionadas:
-
RADIO.- Xuntos máis fortes: mozas e mozos de minibasket do Estudiantes Pontevedra conseguen un fito para o club
Por Redacción |
-
Violeta Crespo sobe ao primeiro equipo do Arxil
Por Redacción |
-
Noa Casalderrey renova co Arxil para xogar no filial pero con "máis presenza no primeiro equipo"
Por Redacción |
-
Carla Fernández renova como temón do Arxil e cumprirá a súa undécima tempada no club
Por Redacción |
-
O Arxil blíndase na pintura coa fichaxe da internacional senegalesa Bineta Ndoye
Por Diego Espiño |
-
Confirmada a configuración de grupos en LF2 para Arxil e Cortegada e sen o Peixe Galego
Por Redacción |
-
Margarita Moreira dá continuidade ás renovacións no Arxil
Por Redacción |
-
Acordo entre o Arxil e Heather Forster para a súa renovación por unha tempada
Por Redacción |
-
O Arxil formaliza a súa inscrición en Liga Feminina 2 e cumprirá 20 anos na categoría
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache renova e cumprirá a súa novena tempada no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil inscribe, esta vez si, o seu filial na Primeira Nacional confirmando o ascenso de categoría
Por Diego Espiño |