O Comité de Competición suspende provisionalmente o sorteo de Asobal no que o Cisne apareceu como 'club 17'
Por Diego Espiño
O Club Cisne Balonmán e o Villa de Aranda víronse metidos no medio da guerra aberta entre a Liga Asobal e a Real Federación Española de Balonmán (RFEBM), co último capítulo aberto tras a exclusión dos dous recentemente ascendidos do sorteo da competición por estar "pendentes de completar documentación".
Ambas as dúas entidades, que participaron no sorteo como como 'club 17' e 'club 18', ven na decisión da liga unha medida de presión para que se unan á asociación e por tanto paguen o canon de acceso de 43.000 euros establecido, algo que pretenden non facer.
O último en tomar cartas no asunto foi o Comité de Competición da RFEBM, que tras o informe crítico elaborado polo departamento de competicións federativo publicou este martes unha resolución na que suspende provisionalmente o sorteo do calendario.
Competición toma esta decisión "en orde a garantir a plena vixencia dos dereitos deportivos dos que son titulares os clubs afectados", e sinala que ninguén en Asobal puxo en coñecemento á Federación da decisión de excluír do sorteo a Cisne e Villa de Aranda. Ademais incoouse un expediente informativo para determinar se a postura de Asobal pode supoñer unha infracción das normas.
Xa inmediatamente despois do sorteo o presidente da Comisión Xestora da Real Federación Española de Balonmán, Blas Parrilla, mostrouse moi crítico coa asociación de clubs, sinalando que "es sorprendente la decisión de Asobal, cuando a fecha de hoy no ha concluido aún el plazo para presentar la documentación requerida, por lo que la Asociación ha adoptado la medida de excluirles de forma aleatoria y unilateral".
Parrilla ademais completaba afirmando que "el propio comunicado oficial de Asobal no se ajusta a la verdad, ya que inciden en que hay 16 clubes inscritos como socios, cuando recibieron por burofax la renuncias de FC Barcelona y BM. Logroño, y estos dos clubes sí han aparecido con sus denominaciones oficiales en el sorteo, mientras que a Dicsa Modular Cisne y Blasgón y Bodegas Ceres Villa de Aranda se les ha obviado de entrada".
Relacionadas:
-
Asobal e Cisne acadan un acordo para a adhesión dos brancos á asociación de clubs
Por Redacción |
-
Un Cisne "feito a man" pide o apoio da cidade para o seu debut en Asobal
Por Manu Otero |
-
O Cisne ou "club 17" debutará en Asobal na casa o 2 de setembro fronte ao Cuenca Ciudad Encantada
Por Redacción |
-
Asobal exclúe o Cisne do sorteo da tempada por estar "pendente de completar documentación"
Por Diego Espiño |
-
O Cisne finaliza a tempada con superávit pero "muy preocupados por los posibles rebrotes"
Por Almu Dapena |
-
Ao choio: O Cisne inicia inicia a preparación da tempada máis ilusionante da súa historia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Asobal fixa en 43.000 euros o canon que debe abonar o Cisne para pertencer á asociación de clubs
Por Diego Espiño |