Celia Cerviño remata unha agridoce xira polo Mediterráneo
Por Redacción
A prometedora tenista pontevedresa, Celia Cerviño, concluíu esta fin de semana a súa participación na liga Mapfre. A xogadora alcanzou os cuartos de final do torneo Lles Franqueses, onde caeu fronte a María Gutiérrez por un dobre 6-3.
A pesar de que non quedou satisfeita co seu xogo neste enfrontamento, a participación de Cerviño neste evento serviulle para para preparar o reinicio do calendario internacional ITF este mes de agosto, sen perder de vista o circuíto IBP da Real Federación Española de Tenis.
Ademais do torneo de Les Franqueses, a pontevedresa, na súa xira polo Mediterráneo, tivo que renunciar ao Platja d'Aro porque o seu partido da rolda previa coincidía coa final do IBP de Tauste, no que acabou en segunda posición tras perder contra Cristina Bucsa. Mentres que no torneo de Castelló despediuse na primeira rolda logo dun mal partido fronte a Marta Custic.
Mellores sensacións tivo en Lles Franqueses, no que conseguiu superar as dúas primeiras roldas eliminando a Lucía Cortez (6-1 e 6-1) e á sétima cabeza de serie do torneo, Olga Sáez (6-4 e 6-1).
Cerviño atópase xa de volta en Pontevedra para seguir traballando nas instalacións do Club de Tenis na Caeira coa vista posta nun calendario internacional no que as cancelacións pola Covid-19 repítense cada semana.
Relacionadas:
-
Primeiro título individual do ano para Celia Cerviño, campioa do W15 de Castelló
Por Redacción |
-
Celia Cerviño viaxa a Marbella coa meta de coarse no cadro final e resarcirse da súa última competición
Por Redacción |
-
Celia Cerviño volverá en xullo ás pistas máis forte ca nunca
Por Manu Otero |
-
Celia Cerviño, da pista de tenis ao frontón do edificio de Facenda
Por Diego Espiño |