O Team Thunder de boxeo expande a súa actividade a Pontevedra
Por Redacción
Desde esta mesma semana, o boxeo ten novo protagonista en Pontevedra.
O Team Thunder que dirixe o marinense Aarón González, campión de España de boxeo, chegou a un acordo co Mace Sport para facer uso das súas instalacións e expandir a súa actividade á capital provincial.
Despois de varios anos como referencia en Marín, especialmente a nivel formativo, o Team Thunder foi ampliando a súa actividade aos poucos.
A expansión do club, aseguran, centra os seus esforzos especialmente nas categorías de formación, contando en Pontevedra coa tutela do propio Aarón González e de Alberto Teijeiro, ambos os dous adestradores nacionais de boxeo.
A pesar de ser un momento complicado pola situación sanitaria, o Thunder asegura que se respectará de maneira estrita o protocolo de prevención da COVID.
Ademais da nova oferta formativa no Mace Sport de Pontevedra, o club de boxeo retoma co inicio do curso a actividade nos seus centros habituais, é dicir, en Marín, no Pavillón Pablo Herbello de Bueu e o ximnasio Celtic Box de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Aarón González deixa atrás o parón pola pandemia e volve subirse ao ring
Por Redacción |
-
O boxeador do Mat' s de Marín, Martín García, faise co título autonómico en categoría neopro
Por Redacción |
-
O Team Thunder enfúndase as luvas de novo
Por Redacción |
-
Boxeo sen contacto na nova normalidade do Team Thunder
Por Manu Otero |
-
O Team Thunder Marin dá por finalizado o primeiro torneo Ray Sugar Boxing Quiz
Por Redacción |
-
O Team Thunder amplía as súas miras e leva o boxeo a Bueu
Por Redacción |