238 días despois, a liga volta a Pasarón

Por Manu Otero
A pandemia da covid-19 obrigou a suspender a liga da tempada 2019-2020 de forma abrupta. Hai que retroceder 238 días para lembrar o último duelo de liga disputado en Pasarón. Foi aquela inesquecible tarde chuviosa na que Rufo erixiuse como o novo ídolo do Fondo Norte ao anotar o seu primeiro triplete na vitoria por 4-0 fronte ao Real Madrid Castilla de Raúl.
Sete meses e vinte e catro días despois, o domingo ás 17 horas, volverán estar en xogo tres puntos sobre o verde do templo de O Brugo. O rival será o Unionistas de Salamanca, vixente líder da competición despois de vencer por 2-0 ao Compostela na primeira xornada. A pesar do seu bo comezo, os salmantinos non chegarán no seu mellor estado de forma, posto que este mércores quedaron eliminados da Copa Federación en Melilla, nun partido decantouse ao lado local na quenda de penaltis.
Pola súa banda, o Pontevedra chega coa moral polas nubes despois da convincente vitoria do pasado domingo na Malata fronte ao Racing de Ferrol. Os de Jesús Ramos tratarán de afianzar a súa candidatura ao ascenso diante do seu público que, por motivo da escalada de casos de covid-19 en Galicia, será máis reducido do previsto a principios de semana. Só 300 agraciados, elixidos por sorteo entre os abonados que renovaron a súa relación de socio co Pontevedra, poderán acceder este domingo a Pasarón para deixarse a voz animando aos seus.
Para os que teñan que seguir o partido desde a súa casa, poderán facelo en directo a través do servizo gratuíto de streaming que ofrece a Televisión de Galicia.
O encargado de dirixir este choque entre os dous primeiros clasificados do subgrupo A de o Grupo I da Segunda División B será González Díaz, do colexio asturiano, que estará asistido nas bandas por Corgo Suárez e López Abellerira.
A semana seguinte o Pontevedra volverá exercer de local para recibir, nun novo derbi galego, o Celta B.
Relacionadas:
-
Un afeccionado de Tribuna acaba expulsado de Pasarón por incumprir o protocolo de seguridade
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Jesús Ramos recoñece que Unionistas creou "bastantes problemas" e sinala que este ano "va a ser difícil ganar"
Por Almu Dapena |
-
Un gris Pontevedra salva un punto de penalti fronte a Unionistas (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Un sorteo ante notario para decidir que 300 afeccionados do Pontevedra poderán acudir á partida fronte Unionistas
Por Redacción |
-
Romay ve o Pontevedra "moi reforzado" tras gañar en Ferrol e coa intención de "aproveitalo agora na casa"
Por Diego Espiño |
-
Tres puntos para comezar. Un sólido Pontevedra inicia a liga cunha traballada vitoria en Ferrol
Por Raúl Salgado |
-
Outra exhibición rematadora de Rufo na importante vitoria do Pontevedra sobre o Getafe B (2-3)
Por Redacción |
-
Rufo encandea a Pasarón nunha goleada sanadora do Pontevedra ante o Real Madrid Castilla (4-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |