Un sorteo ante notario para decidir que 300 afeccionados do Pontevedra poderán acudir á partida fronte Unionistas
Por Redacción
A nova normativa autonómica relativa á contención da pandemia de Covid-19, publicada a última hora do mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG), obrigou ao Pontevedra Club de Fútbol a reorganizar os seus plans de fronte ao que será o seu debut na casa esta tempada.
Segundo ese texto non poderán ser máis de 300 os espectadores que acudirán ao Estadio Municipal de Pasarón para presenciar en directo o choque fronte a Unionistas (domingo, 17.00 horas).
A entidade granate confirmou a autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública para chegar a esa cifra, debido a que sen ese permiso a asistencia tería que ser só de 150 seguidores.
Todo un problema para o club, que aspiraba a dar cabida a todos os seus abonados, e que decidiu saír ao paso cun sorteo ante notario para decidir que socios, entre renovacións e novas altas xa aceptadas, poderán acudir ao partido.
¡Importante!
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) October 23, 2020
La Dirección Xeral de Saúde Pública nos autoriza un aforo de 300 espectadores en #Pasarón para el partido del domingo contra el @UnionistasCF.
Esta tarde se celebrará ante notario un sorteo entre todos los abonos renovados hasta la fecha y altas admitidas. https://t.co/x4Vg3h9UMS
Relacionadas:
-
Os socios granates teñen ata as 14 horas deste mércores para anotarse no sorteo e estar o domingo en Pasarón
Por Manu Otero |
-
Os socios do Pontevedra que queiran asistir ao partido contra o Celta B deberán solicitalo previamente
Por Redacción |
-
Un afeccionado de Tribuna acaba expulsado de Pasarón por incumprir o protocolo de seguridade
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Un gris Pontevedra salva un punto de penalti fronte a Unionistas (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
238 días despois, a liga volta a Pasarón
Por Manu Otero |
-
A Xunta autoriza con condicións un máximo de 300 espectadores nos eventos deportivos ao aire libre
Por Diego Espiño |
-
As altas de novos socios no Pontevedra, a partir do luns 26
Por Redacción |
-
O Pontevedra, pendente do DOG: A Xunta planea limitar a 300 espectadores os eventos deportivos ao aire libre
Por Diego Espiño |
-
Romay ve o Pontevedra "moi reforzado" tras gañar en Ferrol e coa intención de "aproveitalo agora na casa"
Por Diego Espiño |
-
Tres puntos para comezar. Un sólido Pontevedra inicia a liga cunha traballada vitoria en Ferrol
Por Raúl Salgado |