Tres puntos para comezar. Un sólido Pontevedra inicia a liga cunha traballada vitoria en Ferrol (2-3)

Por Raúl Salgado

© Mero Barral / 13fotos para Ferrol360

© Mero Barral / 13fotos para Ferrol360

© Mero Barral / 13fotos para Ferrol360

© Mero Barral / 13fotos para Ferrol360
FERROL: Servizo especial para Pontevedraviva de www.ferrol360.es. Texto de Raúl Salgado e Fotos de Mero Barral.
A disciplina que nos impuxo a covid-19 supuxo que vísemos este domingo a máis xente xa aliñada nos seus asentos cando aínda quedaba un intre para o partido. E tanto que era o partido, con maiúsculas. O do retorno do fútbol oficial sete meses despois.
Control de entrada, biombos nas cabinas ou unha nova estampa de bancos na bancada, sobre os bancos xa coñecidos. Tamén era a cita para descubrir a versión oficial dun Pontevedra que se enfrontaba a un Racing de Ferrol aínda en construción.
Demostrando que se estrañaba o fútbol, afloraron aplausos especiais entre algúns silencios. O do recibimento ao equipo, o de benvida a Emilio Larraz. Viuse desde o principio no derbi dominical a un Pontevedra seguro, coa súa aposta clara. En fronte, unha zaga máis ou menos clásica e un eixo renovado, que tiña a Elsinho como peza desplazable.
Desexoso de ratificar a súa bitola de duro de pelar para este ano, o cadro granate adiantouse con sonora rapidez. Corría o 3 e Álex González anotou practicamente á primeira xogada concretada por completo. A defensa empezou despistada, ao revés que un brillante Joselu, e o Pontevedra asentouse con certa comodidade nas proximidades de Diego Rivas.
Á calor do balbordo de Fondo Sur, o Racing repúxose tras ver que as cousas non lle saían como pensaba. E iso que era coñecedor de como llo ía a dificultar o once granate. A trama non atopaba os fíos que a unisen pese ao bo facer, desde unha posición de intento, de Álex López para alimentar ao ataque verde.
O cadro de persoal de Larraz colocouse paulatinamente no seu lugar tras o golpe do gol, pero adoecía de profundidade. Viullas cun adversario de descaro e calidade, rotundo ao contacto. Os locais, quizá necesitados de máis garra e contundencia, asistían a unha sucesión de internadas que eran dores de cabeza. Ata que rompeu os moldes Yeferson Quintana.
Rozara a rede Elsinho no ecuador do primeiro tempo e sería o uruguaio o primeiro autor dun gol ferrolano este curso. Coa cabeza e realmente todo o seu corpo, arremeteu para gañar a partida con polémica tras arroiar ao porteiro na área pequena. Decaeu levemente o nivel desde entón en ambos os bandos.
No segundo tempo o traballo do Ferrol converteuse en chave para evitar máis arremetidas desde o Lérez e a folla de credenciais incluía algo máis de poderío, certa dose adicional de confianza e maior axilidade para aderezar a receita.
Pouco durou o entusiasmo. Romay non perdoou para volver poñer ao Pontevedra por diante no 54 e a batalla requiría xa de máis empuxe. Aí despuntou a faena de atrás para os de Jesús Ramos porque os anfitrións podían sacar o puñal cando non se esperase. Na súa lousa, en todo caso, a lección estaba moi estudada.
Cun Racing envorcado en zona allea, o Pontevedra non deixou de intimidar por máis esporádicas que fosen as súas aparicións. O asedio non foi precisamente a menos e Larraz tivo que introducir pulmón con Fer Beltrán e Pep Caballé. Segundos antes, o partido púxose máis a favor dos granates tras o terceiro gol por medio de Calvillo.
O Racing precisaba osíxeno con urxencia. Atopouno, de novo, no uruguaio, astuto ao aproveitar un lanzamento de Álex López tras unha falta. Á busca de Rufo, o Pontevedra mantuvo o pulso y desbordou por momentos á retagarda no que quedou de partido.
Finalmente, 2-3 e primeiros tres puntos para un Pontevedra que demostrou que está preparado para competir e cun Oier Calvillo protagonista do encontro cun gol e dúas asistencias.
FICHA TÉCNICA
RACING: Diego Rivas, Seoane, Fernando Pumar, Jon García, Dani Abalo (Pep Caballé no 66), Álex López, Elsinho, Yeferson Quintana, Juan Peñaloza (Fer Beltrán no 65), David Rodríguez (Nathan Palafoz no 79) e Joselu
PONTEVEDRA: Mario, Aitor Núñez, Zabaleta, Víctor Vázquez, Imanol García, Álex González (Jorge no 61), Rufo, Calvillo (Óscar no 70), Xisco Campos, Charles (Borja Martínez no 85) e Romay (Adrián Cruz no 70)
GOLES: 0-1, minuto 3, *Álex González; 1-1, minuto 27, Yeferson Quintana; 1-2, minuto 54, Romay; 1-3, minuto 65, Calvillo; 2-3, Yeferson Quintana, minuto 69
ÁRBITRO: Germán Cid Camacho (Castela e León), que amoestou aos locais Yeferson Quintana no minuto 39, Juan Peñaloza no 52, Elsinho no 71 e Nathan no 89 e aos visitantes Xisco Campos no 8, Calvillo no 28, Aitor Núñez no 28, Jorge no 73, Zabaleta no 75 e Óscar no 86
INCIDENCIAS: A Malata, un milleiro de espectadores como límite polas restricións sanitarias; gardouse un minuto de silencio polos falecidos durante a pandemia de covid-19.
Partido entre o Racing de Ferrol e Pontevedra CF na Malata
Xornada 1 da Liga 2020/2021 de Segunda B entre o Racing de Ferrol e o Pontevedra CF.
© Mero Barral / 13fotos para Ferrol360
Larraz analiza a derrota do Racing de Ferrol ante o Pontevedra C.F.
© Ferrol360
Relacionadas:
-
Álex González, granate do mes
Por Manu Otero |
-
O líder Pontevedra salva a vitoria despois de dominar a un combativo Celta B (2-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Jesús Ramos recoñece que Unionistas creou "bastantes problemas" e sinala que este ano "va a ser difícil ganar"
Por Almu Dapena |
-
Un gris Pontevedra salva un punto de penalti fronte a Unionistas (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
238 días despois, a liga volta a Pasarón
Por Manu Otero |
-
Un sorteo ante notario para decidir que 300 afeccionados do Pontevedra poderán acudir á partida fronte Unionistas
Por Redacción |
-
Unionistas, próximo rival do Pontevedra en liga, cae en Copa Federación na prórroga tras unha longa viaxe a Melilla
Por Redacción |
-
O Pontevedra, pendente do DOG: A Xunta planea limitar a 300 espectadores os eventos deportivos ao aire libre
Por Diego Espiño |
-
Romay ve o Pontevedra "moi reforzado" tras gañar en Ferrol e coa intención de "aproveitalo agora na casa"
Por Diego Espiño |
-
A AFE comunica que os test de Covid serán obrigatorios antes de cada xornada de Segunda B e Terceira
Por Redacción |
-
Emilio Larraz, adestrador do Racing de Ferrol: "O Pontevedra fixo un moi bo plantel, igual que nós"
Por Diego Espiño |
-
Jesús Ramos ve o Pontevedra "preparado para competir" e con ganas de "traer os tres puntos" de Ferrol
Por Diego Espiño |
-
Unha pretempada solvente avala o Pontevedra ante o inicio da Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Un gol de Rufo dá a vitoria ao Pontevedra no último test de pretempada fronte ao Compostela (1-0)
Por Almu Dapena |
-
Lupe Murillo, sobre os obxectivos do Pontevedra: "Aspiramos a todo"
Por Diego Espiño |
-
Os rivais do Pontevedra, a análise: O Racing de Ferrol quere volver á Segunda División
Por Redacción |