Aprazada a viaxe a Canarias do Arxil por un positivo no seu rival, o Magec Tías
Por Redacción
A Covid volve cruzarse no camiño do Club Baloncesto Arxil na Liga Feminina 2, que aínda segue pendente de recuperar a xornada perdida fronte ao Ibaizábal vasco a domicilio.
O conxunto pontevedrés tiña previsto desprazarse este martes 8 de decembro ás Palmas de Gran Canaria para enfrontarse ao Magec Tías, equipo que pecha a clasificación nunha xornada clave para o futuro das verdes na competición.
Con todo unha das xogadoras do cadro canario non superou os test de detección de coronavirus previos á xornada da pasada fin de semana, realizados o xoves, o que supuxo a posta en corentena de todo o plantel. Ante esta situación a Federación Española de Baloncesto autorizou a suspensión dos partidos que tiñan planificados nos próximos días.
Tras esa noticia o Arxil apresurouse a cancelar o seu desprazamento coa axencia de viaxes para tentar non perder o importe dos voos e a reserva do hotel. A sorpresa chegou xa a fin de semana cando o Magec Tías informaba que a proba PCR á que despois foi sometida a súa xogadora deu un resultado negativo.
Xa era tarde, e ante a imposibilidade de recuperar o seu reserva de voos, o encontro non se xogará na data prevista. Desta forma os clubs negocian agora establecer unha nova data para o encontro.
Relacionadas:
-
Unha arxilista, no 'all star' da Primeira Nacional de baloncesto
Por Redacción |
-
A visita do Avilés, partido clave do Arxil para abandonar os postos de descenso
Por Redacción |
-
O Arxil encaixa a súa cuarta derrota consecutiva ao caer fronte ao Barakaldo (55-74)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil tropeza co Azkoitia Azpeitia e suma unha nova derrota (75-61)
Por Redacción |
-
Derrota do Arxil ante o recentemente ascendido Tenerife tras un desastroso terceiro cuarto (57-67)
Por Redacción & Cristina Saiz |