O Interrías vence ao Vitoria FC pola mínima (1-0), o Arousana cae goleado ante o Sárdoma (5-1) e o Umia perde na casa co Mos (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Atlético Arousana, Viaxes Interrías e Umia regresaron á competición unha fin de semana máis para disputar a sétima xornada de Primeira Nacional. Ao Atlético Arousana tocoulle desprazarse a Vigo para enfrontarse a un Sárdoma que foi moi superior e que sentenciou na primeira metade; o Viaxes Interrías gañou pola mínima ao segundo clasificado, o Victoria FC, e demostra a súa solidez no liderado; e o Umia recibiu na Bouza ao Mos e terminou caendo por 0-2.
VIAJES INTERRÍAS 1-0 VICTORIA FC
Partido complicado para o Viaxes Interrías o que tivo este sábado. As líderes do grupo recibiron en San Pedro ás segundas clasificadas, o Victoria FC.
Comezou o encontro sen claras ocasións para ambos os conxuntos. Aínda que as locais tiveron o dominio do balón, ao chegar a portería rival precipitábanse cuns disparos que non supoñían perigo para Beli.
Pola súa banda, as de Santiago tampouco xeraron problemas na portería de Isa ata alcanzados os últimos instantes da primeira metade. Foi nese momento cando un gol de Noela meteu o medo ao Interrías pero, para fortuna das locais, o colexiado viu fóra de xogo e decidiu anulalo.
Co 0-0 cumpriuse o tempo regulamentario e as xogadoras foron aos vestiarios. Luís Treviño falou coas súas para cambiar un par de detalles de fronte ao segundo acto e así ter opcións de levar os tres puntos. O Victoria, pola súa banda, decidiu cambiar á súa porteira, dando entrada a Carmen por Beli. E así, na primeira xogada na que participaba a gardameta, viu como o balón entraba na súa portería. Raquel desde o medio do campo enviou un pase ás costas da defensa e Connie non dubidou en sacar un disparo axustado ao pau dereito da porteira e poñer o 1-0.
Tras o gol, o técnico local deu aire aos seus xogadores desgastadas tras o esforzo realizado durante a primeira metade e así dar paso ás xogadoras do banco, todas saíntes de lesión. Notouse no terreo de xogo xa que o Victoria soubo aproveitalo para dar un paso adiante e facer sufrir ao Interrías durante os 20 minutos finais aínda que sen a efectividade suficiente como para igualar a contenda.
SÁRDOMA 5-1 ATLÉTICO AROUSANA
Dura derrota para o Atlético Arousana esta fin de semana na súa visita ao Sárdoma. As de Vilagarcía non puideron facer nada para remontar un partido que as branquiazuis sentenciaron nunha primeira metade.
A baixa solidez defensiva Arousana foi a clave na derrota. Desde o minuto abriron espazos para tentar xerar ocasións en ataque pero iso terminou condenándoas en defensa. Desta maneira, aos tres minutos de encontro xa se atopaban co marcador costa arriba. A xogadora local Yaiza aproveitou un mal despexe do Arousana e, de disparo cruzado, puxo o 1-0. Miriam Señoráns buscaba o empate para o Arousana pero sen perigo.
Tiñan que remar ao contraxeito se querían puntuar, non estaban acertadas en ataque e os buracos deixados en defensa seguiunos aproveitando o Sárdoma. Foi así como, tras unha xogada combinada aproveitando os espazos deixados polo Arousana, enviaron o balón a Noelia que, en dubidosa posición, puxo o 2-0 cando se alcanzaba a media hora de xogo.
Era un resultado posible de remontar se as cousas cambiaban na segunda metade pero, para mala fortuna do Arousana, chegou o terceiro das locais. Nerea meteu un centro envelenado no que Iria non puido facer nada e terminou coándose no interior da portería.
Durante o paso polos vestiarios o técnico visitante, Moncho Roldeiro, decidiu cambiar o sistema de xogo das súas atrasando as liñas en defensa e así tentar saír ao contraataque. Tiveron o 3-1 nun man a man coa porteira local de Belén, pero foi o Sárdoma o que aproveitou a situación para saír en contragolpe e poñer o 4-0 por mediación de Elena (min. 70).
Tres minutos despois ao fin chegou o gol do Arousana. Esta vez si, Belén enviou o balón á rede e puxo o 4-1. Tivo o 4-2 o conxunto amarelo tras unha falta directa lanzada por Carolina pero o balón decidiu non entrar.
O disparo que si viu portería foi outro centro chute de Cris que terminou coándose na portería Arousana para poñer o 5-1 co que concluíu o encontro.
UMIA CF 0-2 UD MOS
Viña o Umia de sumar o seu primeiro punto esta tempada tras lograr un empate sen goles na súa visita ao Victoria FC na anterior xornada. Unha igualada que, a falta de dous encontros para finalizar a primeira volta da competición, facíalles soñar coa permanencia na categoría.
Coas forzas ao grande e con ganas de conseguir o primeiros tres puntos, saltaron ao campo da Bouza. En fronte, un Mos con 12 puntos na súa marcadora e chamado a estar na zona alta da táboa.
Aínda que o Umia tentou facerse co control do encontro, foron as visitantes as que levaron a batuta do xogo realizando unha alta presión e roubando balóns para encarar rápido a portería. Só o disparo de Lu Bouzón viu gol para poñer o 0-1 co que se alcanzou o descanso.
Tras o paso polos vestiarios as locais buscaron o empate pero foi o Mos o que sentenciou o encontro co tanto de Fernández desde o punto de penalti.
VALORACIÓN DOS TÉCNICOS
Luis Treviño (Viajes Interrías FF): "Sabíamos que iba a ser un partido muy complicado y no más lejos de la realidad. Creo que hicimos una muy buena primera parte donde tuvimos posibilidad en algunos momentos de adelantarnos en el marcador pero sin ser capaz de concretar. Dominamos en juego pero sin pasar muchos apuros. En la segunda parte salimos con la intención de ir a por el partido y nos encontramos con el gol. A partir de ahí nos pasó factura todo el desgaste de la primera parte y tras los cambios sufrimos más de lo esperado. Las jugadoras mostraron que son unas currantes y un equipazo y que cuando reman todas a una no hay obstáculo que se les ponga por delante pasando una prueba de las importantes. Ahora a trabajar para despedir el año en las mejores condiciones posibles".
Moncho Roldeiro (Atlético Arousana): "Vimos ben as xogadoras durante toda a semana, entrenamos forte a pesar do mal tempo e non esperabamos este resultado. Recordou por momentos ao equipo do ano pasado con problemas defensivos e durante a primera media hora foi o que nos acabou pesando. O equipo viña ben e temos que recuperar as sensacións de antes deste partido. Sabemos que nos fai falta sumar puntos e neso traballaremos para enfrontarnos ao Victoria como locais e ir ao parón do Nadal con mellores sensacións".
Relacionadas:
-
Dura derrota do Umia en casa do Sárdoma (4-2) e continúa o liderado do Viajes Interrías tras empatar co Deportivo 'B' (1-1)
Por Almu Dapena |
-
Goleada do Viaxes Interrías no derbi ante o Arousana (5-0), e sorprendente vitoria do Umia fronte o Deportivo 'B' (4-1)
Por Almu Dapena |
-
O Umia vence o Atlético Arousana no derbi na Bouza (5-1) e o Interrías golea o Valladares (6-0)
Por Almu Dapena |
-
A futbolista Paula Dapena recibe o apoio das xogadoras do Viaxes InterRías
Por Cristina Saiz |
-
O Interrías recupera o liderado tras vencer ao Umia CF nun derbi de alta intensidade (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O balón parado condena o Arousana en Valladares (2-2) e o Interrías cede o liderado tras caer fronte o Vitoria CF (1-2)
Por Almu Dapena |
-
O Interrías é máis líder tras vencer o Sárdoma (1-2); o Umia cae goleado polo Victoria CF (5-2); e o Arousana salva o empate ante o Mos (2-2)
Por Almu Dapena |