As instalacións deportivas municipais reabren o 11 de xaneiro para o regreso de fútbol base e afeccionado
Por Redacción
O departamento de Deportes do Concello de Pontevedra informa os clubs da cidade dos pasos para seguir para o inicio dos adestramentos nas instalacións municipais despois de que a Secretaría Xeral para o Deporte aprobase o protocolo Fisicovid da Real Federación Galega de Fútbol e a activación da fase 1 do mesmo.
Entre as medidas comunicadas aos equipos contémplase a aplicación da fase 3 da desescalada que inclúe o inicio da activdad deportiva daquelas entidades con deportistas maiores de 12 anos (infantil, cadete, xuvenil e sénior) e a autorización das competicións oficiais, principalmente sen afeccionados.
"Antes da autorización de inicio dos adestramentos, os clubs deberán presentar a seguinte documentación: unha solicitude formal para os equipos concretos que pretenden comezar a actividade; unha declaración responsable e de aceptación das condicións por parte do club, así como o nomeamento do coordinador/a do protocolo; unha relación das persoas que poden acceder á instalación para os adestramentos e competicións (só poderán acceder aquelas persoas que estean na relación e que conten con licenza federativa en vigor), e o protocolo Fisicovid do equipo en relación aos adestramentos (de querer desenvolver competicións deberase achegar o correspondente protocolo)", explicou o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.
Doutra banda, os clubs recibirán un modelo de ficha de control de acceso que deberán entregar cada día ao conserxe da instalación indicando as persoas que asistiron ao adestramento, cuxo inicio está previsto para o 11 de xaneiro. Ademais cada catorce días os xogadores deberán pasar test serológicos e para aquelas categorías nas que non sexa obrigatoria deberán realizar a práctica deportiva con máscara.
Relacionadas:
-
O PP propón unha normativa para regular o acceso dos clubs ás instalacións municipais
Por Manu Otero |
-
Tino Fernández aplaude que a Xunta "admita ao fin que hai que aplicar criterios de prevención e prudencia no deporte"
Por Redacción |
-
A Preferente, ao 70%: Quince equipos confirman a súa inscrición na liga
Por Redacción |
-
O fútbol autonómico e de base pon data para o seu regreso: finais do mes de xaneiro
Por Redacción |