Pitu, un xogador de banda "vertical" que ve o Pontevedra "un equipo grande"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Juan Carlos Fernández Marín 'Pitu' viviu unhas intensas primeiras horas como xogador do Pontevedra Club de Fútbol, tras converterse ao límite do prazo no segundo reforzo invernal do conxunto granate.
O xove futbolista, de 20 anos, vestiuse de curto nada máis chegar á cidade para completar este martes o seu primeiro adestramento co equipo, e ao terminar encamiñouse ao Estadio Municipal de Pasarón para a súa presentación oficial.
"Pontevedra es un club histórico y una plaza increíble en la que jugar, eso tira mucho", comezou explicando o ex do Cornellá, que asina "hasta final de temporada y luego ya para el año que viene ya veremos".
Pitu definiuse ante os medios como "un jugador vertical, que encara, que centra y que dispara" e que se atopa "cómodo más por fuera que por dentro, en los dos perfiles tanto en la derecha como la izquierda", sinalou a súa posición no terreo de xogo.
O novo integrante do plantel sinalou encomiando aos seus compañeiros que "sé que tengo competencia", pero "eso es un aliciente más para cada día dar todo de mí".
Aínda que tiña algunha proposta máis da categoría, decidiuse pola do Pontevedra axudado en parte polas boas referencias dun compañeiro no Cornellá e canteirán granate, Kevin Presa, co que "tenía buena relación y me habló muy bien del club".
Sabe ademais que aterra en Pasarón nun momento delicado, co equipo lonxe do obxectivo dos tres primeiros postos e tras seis xornadas sen gañar, pero "ahí es donde los equipos grandes al final siempre salen y el Pontevedra es un equipo grande y creo que lo vamos a terminar sacando", sinalou ante o reto que se aveciña e para o que está preparado se o técnico decide contar con el.
Relacionadas:
-
O Pontevedra afronta sen Churre unha "gran final" para manterse na loita pola Primeira RFEF
Por Manu Otero |
-
Toda a tempada en xogo en 8 días de infarto
Por Diego Espiño |
-
Pitu, reforzo ofensivo para o Pontevedra ao límite do prazo
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra deixa escapar o triunfo ante o Celta B no último suspiro e permanece na UCI (1-1)
Por Manu Otero |
-
Damià Sabater, presentado en Pasarón: "Tenía ganas de venir en verano y no se pudo concretar. Creo que he acertado"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |