Remontada do Ribadumia no derbi ante o Arosa (2-1)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
O Ribadumia obrou a remontada no derbi da Senra ante o Arosa con dous goles na segunda metade de Rubén Cerqueiras, nada máis chegar do descanso, e de Brais desde o punto de penalti no tempo de desconto. A pesar da derrota, os de Rafa Sáez xa están clasificados para a fase de ascenso con 40 puntos, 5 máis que o Alondras, a falta dun partido para o final da primeira fase ligueira. Pola súa banda, os aurinegros están novenos con 26 puntos, a dous do sexto, o Rápido de Bouzas.
Comezou o partido de ti a ti, con ambos os equipos tanteñandose sen xerar ocasións claras. Co paso dos minutos foi o Arosa o que deu un paso adiante e a apertar, dando máis sensación de perigo.
Alcanzado o 10 de xogo tivo o gol o equipo arlequinado. Pedro Beda sacou un disparo desde a banda dereita, deu nun defensa e estrelouse na madeira da portería do Ribadumia. Pouco despois, Killian puxo a proba a Rober Pazos, que atallou en dous tempos.
Alcanzábase o ecuador da primeira metade e Luís Carro viuse obrigado a quitar do campo a Fran Fandiño e dar entrada a Álex Fernández.
Aínda que despois do cambio o Ribadumia tivo algún achegamento perigoso na área rival, foi o Arosa o que golpeou primeiro. Despois dun centro desde a esquerda que chegou á cabeza de Pedro Beda, este peiteou e deixou o esférico aos pés de Fajardo, que sacou un disparo cruzado onde non puido chegar Rober Pazos.
Tras o paso polo vestiario, saíu mellor o Ribadumia, que tardou pouco máis dun minuto en poñer as táboas no marcador. Moncho Fontán, dese a liña de fondo, sacou un centro raso ao bordo da área pequena desde onde Ruben Cerqueiras fusilou a portería de Manu Táboas.
Tivo Julio Rey o empate nas súas botas pouco despois do empate. Killian lanzou unha contra pero o disparo do dez parouno Rober Pazos.
O paso dos minutos fixo efecto nos locais, que aguantaron as chegadas dun Arosa que buscaba por todos os medios o gol da vitoria.
Alcanzando o final do tempo regulamentario chegou a polémica. O Ribadumia lanzou un contragolpe e Campillo viuse obrigado a frealo tocando o esférico coa man. O xogador arlequinado tiña unha amarela e o colexiado non dubidou en expulsalo.
Cun menos tentou aguantar o Arosa, pero Ross cometeu penalti polo que foi expulsado ao recibir a segunda tarxeta. Brais encargouse de envialo á rede para poñer o 2-1 co que se alcanzou o final do encontro.
Consulta a acta do Ribadumia-Arosa
Relacionadas:
-
Dobrete de Hugo Soto para dar a vitoria o Ribadumia nas Pontes (1-2)
Por Redacción |
-
O Arosa inicia o seu camiño ao ascenso con derrota ante o Polvorín (1-0)
Por Redacción |
-
O Ribadumia cae contra o líder Arenteiro e xogará pola permanencia (3-1)
Por Almu Dapena |
-
Arosa e Alondras confórmanse cun empate no último partido da primeira fase de Terceira División (0-0)
Por Redacción |
-
Inxusto empate entre Ribadumia e Rápido de Bouzas na Senra (0-0)
Por Redacción |
-
Sufrida vitoria do Arosa na súa visita ao Estradense (1-2)
Por Almu Dapena |
-
O Ribadumia remonta para salvar un punto ante o Pontellas (2-2)
Por Redacción |
-
O Arosa vence o Rápido de Bouzas e está a un paso da fase de ascenso (2-0)
Por Redacción |