Dobrete de Hugo Soto para dar a vitoria o Ribadumia nas Pontes (1-2)
Por Redacción
A fase pola permanencia en Terceira non puido empezar mellor para o Ribadumia, que sumou tres puntos moi importantes da súa visita a O Poboado. Os aurinegros fixéronse coa vitoria grazas a dous goles de Hugo Soto, que o ascenden á cuarta posición con 29 puntos.
Empezou pasándoo mal o equipo de Luís Carro, que se pechou atrás para aguantar os continuos ataques do As Pontes e buscou facer dano ao contragolpe. Así chegou o primeiro gol do partido. O nove do Ribadumia recibiu o balón e, en xogada individual, chegou ata a portería local, regateou a Brais e marcou a porta baleira ( min. 24).
O tanto da igualada foi dez minutos despois. Iñaki conduciu por todo o campo ata chegar ata a liña de fondo desde onde enviou o balón a Artai, que só tivo que empuxalo á rede.
Co 1-1 comezou unha segunda metade na que ambos os equipos tiveron opcións de levar os tres puntos. Con todo, o que máis sufriu foi o Ribadumia despois da expulsión por dobre amarela de Óscar Iglesias, deixando ao seu equipo en inferioridade numérica e con media hora de xogo por disputar.
Aguantaron contra vento e marea os xogadores de Luís Carro, que conseguiron desde os once metros o gol da vitoria. Unha vez máis, Hugo Soto apareceu para anotar o gol que deu a vitoria ao Ribadumia.
O partido non quedou aí, senón que no tempo de desconto chegou a xogada polémica na que o técnico local acabou expulsado por pedir un posible penalti na área visitante que o colexiado non pitou.
Consulta a acta do As Pontes-Ribadumia
Relacionadas:
-
Arosa e Ribadumia levan os tres puntos ante o Polvorín e o Arzúa
Por Almu Dapena |
-
Derrota pola mínima do Ribadumia ante o Viveiro (1-0)
Por Redacción |
-
Aprazado o partido do Ribadumia fronte ao Estudiantil polo confinamento do conxunto santiagués
Por Redacción |
-
Arosa e Ribadumia coñecen o seu novo calendario nos grupos de Terceira polo ascenso e a permanencia
Por Redacción |
-
O Ribadumia cae contra o líder Arenteiro e xogará pola permanencia (3-1)
Por Almu Dapena |
-
Remontada do Ribadumia no derbi ante o Arosa (2-1)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |