Pablo Dapena e Saleta Castro buscan o asalto ao olimpo da franquía Challenge en Austria
Por Redacción
Os triatletas pontevedreses Pablo Dapena e Saleta Castro afrontan esta fin de semana un novo reto de altura. Os deportistas viaxan a Austria para participar nunha das probas máis esixentes do calendario, o Challenge de St. Pollen, unha carreira con máis de 17 anos de tradición e que cada ano congregan aos mellores triatletas de longa distancia do mundo.
En categoría masculina, Pablo Dapena parte no grupo de favoritos para facerse co triunfo. Aínda que corredores como os alemáns Maurice Caravel ou Sebastian Kienle , o danés Magnus Elbaek ou o triatleta local Thomas Steger non llo poñerán nada fácil. Na liña de saída estará tamén o galego Iván Raña.
Para optar á victoria, explican nos foros máis especializados, Dapena debe aproveitar a súa fortaleza no tramo ciclista para formar unha escapada e distanciarse o máximo posible de Kienle e tamén de Steger, que ademais de correr en casa, chega nun gran momento de forma á cita austríaca.
Pola súa banda, Saleta Castro será a única representante española na carreira feminina. Despois de iniciar a tempada no Challenge de Cancún cun quinto posto, a pontevedresa terá a oportunidade de comprobar o seu estado de forma ao medirse a algunhas das mellores do mundo, entre elas Anne Haug, principal favorita ao triunfo despois de superar o seu positivo por covid-19.
Polas condicións do circuíto, no que os corredores deberán completar unha distancia 1,9 quilómetros a nado, 90 en bicicleta e 21,1 a pé; o triunfo decidirase no segmento de atletismo polo que os triatletas españois terán que ofrecer a súa mellor versión nos dous tramos anteriores para iniciar o sector decisivo con opcións de acabar en postos de cabeza.
O inicio da competición está previsto para as 6.30 horas da madrugada do domingo e a carreira poderá seguirse en directo a través desta ligazón.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena, á fronte do World Bonus da franquía Challenge tras o seu segundo posto en Italia
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena confirma o seu bo estado cun segundo posto no Challenge Riccione
Por Almu Dapena |
-
Gómez Noya gaña o Challenge Cancún e Saleta Castro finaliza quinta
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena, subcampión no Challenge Mogán de Gran Canaria
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |