O Cisne despídese de Asobal derrotando na casa o Puente Genil (28-26)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Dicsa Modular Cisne di adeus á tempada do seu debut en Liga Asobal ao grande. A pesar do descenso, o equipo pontevedrés celebrou este final de liga con vitoria ante Puente Genil, despedíndose da súa afección e da máxima categoría do balonmán español despois desta tempada un tanto peculiar.
Aproveitaron a ocasión para despedir aos xogadores que xa non seguirán o ano que vén, como Miguel Simón, que pecha o seu ciclo de 12 anos co equipo branco.
Outro que se vai é o pivote Dani Ramos, xogador clave no ascenso do Cisne a Asobal que separa o seu camiño despois de catro tempadas no club.
En canto ao encontro disputado esta tarde no Pavillón Municipal, estivo marcado pola igualdade, polo menos ata alcanzado o ecuador da primeira metade. Pasado o cuarto de hora, foi o equipo de Jabato o que impuxo o seu ritmo, colocándose cun pequeno colchón de tres goles a falta de cinco minutos para o descanso (13-10). Con todo, apertou Puente Genil nos instantes finais, colocando o 15-14 co que se alcanzou o intermedio.
Aumentou a renda noutros tres goles o Cisne nada máis regresar dos vestiarios, mantendo esa pequena marxe de erro durante toda a segunda metade. Aínda que os visitantes reduciron o marcador a falta de cinco minutos para o final, foron os pontevedreses os que sumaron os últimos dous puntos en xogo de Liga Asobal ao impoñerse por 28-26.
Agora, o Dicsa Modular Cisne disputará a próxima tempada en División Honra Prata, onde competirá co Teucro, que fixo os deberes e salvou a categoría tras vencer ao Ikasa Madrid.
Relacionadas:
-
Álvaro Preciado, primeira renovación do Cisne
Por Redacción |
-
Gonzalo Carró pon fin á súa etapa no Cisne
Por Diego Espiño |
-
Vitoria de ouro para o Teucro, que salva a categoría tras vencer o Ikasa Madrid por 22-26
Por Almu Dapena |
-
Doce final de tempada para o Cisne a pesar do descenso
Por Manu Otero |
-
Miguel Simón deixa o Cisne despois de 12 anos de servizo
Por Manu Otero |
-
O Cisne puntúa ante o Villa de Aranda a falta dunha xornada para o final da Liga Asobal (23-23)
Por Almu Dapena |