A Segunda RFEF empeza a aclararse: Ascenso para o campión de grupo e catro prazas de play-off
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol empeza a coñecer ao fin o camiño que lle espera a próxima tempada na Segunda RFEF, na que partirá co obxectivo de recuperar unha praza en terceira categoría nacional.
Ata o de agora só se sabía que esta nova competición estaría composta por 90 equipos repartidos en cinco grupos (18 equipos por grupo), pero a Asemblea da Real Federación Española de Fútbol ofreceu este martes novos detalles.
A semellanza da Primeira RFEF, a cuarta categoría do fútbol nacional premiará ao campión de cada grupo co ascenso directo. Ademais os equipos que acaben en segundo, terceiro, cuarto e quinto lugar disputarán un play-off en sede neutral con equipos doutros grupos e dúas eliminatorias por outra praza de ascenso.
En canto aos descensos, caerán á Terceira RFEF os cinco últimos clasificados de cada grupo, así como os dous equipos dos que conclúan no posto 13º tras xogar un play-out.
Este será tamén o formato de competición para a propia Terceira RFEF, no que se refire ao ascenso do campión e a posibilidade dunha fase de ascenso para catro equipos máis.
Segundo explicou a Federación, a proposta con estas bases, así como a composición definitiva dos grupos, será elevada á comisión delegada da categoría para a súa aprobación.
Relacionadas:
-
Galicia, Asturias, Madrid e Castela e León: Así será o grupo da Segunda RFEF para Pontevedra e Arosa
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero aterra no Pontevedra "con la ilusión de un niño pequeño cuando vuelve a su casa"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Toni Otero, confirmado como novo director deportivo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Rufo xa pensa na próxima tempada co Pontevedra: "El club cuenta conmigo y yo quiero seguir"
Por Diego Espiño |
-
Cinco futbolistas con contrato e moitas incógnitas no novo proxecto do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Charles oficializa a súa continuidade en Pasarón cunha mensaxe de perdón cara á afección granate
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra competirá o próximo ano nunha liga con 90 equipos divididos en 5 grupos de 18
Por Redacción |