Toni Otero aterra no Pontevedra "con la ilusión de un niño pequeño cuando vuelve a su casa"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
O Estadio Municipal de Pasarón acolleu este luns a presentación do novo director deportivo do Pontevedra Club de Fútbol, Toni Otero.
Acompañado da presidenta do consello de administración, Lupe Murillo, o ex-futbolista vigués asegurou chegar ao seu novo cargo "con la ilusión de un niño pequeño cuando vuelve a su casa". E é que para el a entidade granate, na que pasou cinco tempadas como xogador, é iso, a súa casa. "He sido capitán de este club y me hace ilusión", sentenciou.
Na súa primeira comparecencia ante os medios de comunicación Otero, con pasado como director deportivo de equipos de Segunda División como o Lugo e Las Palmas, sinalou que a súa chegada "la considero un paso adelante", por ser o Pontevedra "un club con unas posibilidades tremendas".
O novo director deportivo defendeu o labor realizado polo seu antecesor, o seu ex-compañeiro como xogador Roberto Feáns. La experiencia y el olfato me dice que se ha trabajado mucho, aunque a veces ese trabajo no se valore".
Trátase do home que "dirigirá la estrategia deportiva de las próximas temporadas", adiantou pola súa banda a presidenta Lupe Murillo, aínda que a súa vinculación non fixa un horizonte temporal e será "una cuestión de confianza mutua", explicou Toni asegurando que "no vengo a sacar dinero, sino a ayudar". Unha chegada que se xestou, segundo os protagonistas da negociación, "el pasado jueves".
Entre as súas primeiras declaracións de intencións Toni Otero avanzou que "está fuera de toda duda mi apuesta por la cantera" a pesar de aveciñarse "un año complicado con un objetivo claro", sinalou sen mencionar directamente a palabra 'ascenso'.
Toni Otero sobre os cinco futbolistas con contrato: "Son buenos mimbres para empezar. Se cuenta con ellos"
Agora queda poñerse o mono de faena e comezar a planificar a próxima tempada empezando por confirmar o posto de adestrador, algo para o que "hay conversaciones con muchos" aínda que sempre coa máxima de que "las urgencias en el fútbol son las peores consejeras", polo que asegura que actuarán "con calma, porque no hay prisa".
En canto ao plantel, ao que si se referiu o novo director deportivo é o futuro dos futbolistas con contrato en vigor, cinco en total (Rufo, Charles, Álex González, Romay e Oier Calvillo). "Son buenos mimbres para empezar. Se cuenta con ellos", confirma. Un punto de partida a partir do cal se esperan nos próximos días os primeiros movementos.
Relacionadas:
-
Tripla fichaxe no Pontevedra co regreso de Javi Rey e as chegadas de Pablo Cacharrón e Samu
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra prescinde de Luisito
Por Manu Otero & Diego Espiño |
-
Lupe Murillo confirma a renovación de Churre e avanza que o adestrador se saberá "calculo que la semana que viene"
Por Diego Espiño |
-
Xisco Campos despídese do Pontevedra: "Vuestras alegrías serán las nuestras, os seguiremos desde la distancia"
Por Diego Espiño |
-
Eneko Zabaleta pecha a súa etapa no Pontevedra e firma polo Calahorra
Por Diego Espiño |
-
Primeiros pasos para o Pontevedra 21/22
Por Diego Espiño |
-
A Segunda RFEF empeza a aclararse: Ascenso para o campión de grupo e catro prazas de play-off
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero, confirmado como novo director deportivo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Rufo xa pensa na próxima tempada co Pontevedra: "El club cuenta conmigo y yo quiero seguir"
Por Diego Espiño |
-
Cinco futbolistas con contrato e moitas incógnitas no novo proxecto do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Charles oficializa a súa continuidade en Pasarón cunha mensaxe de perdón cara á afección granate
Por Manu Otero |