Tripla fichaxe no Pontevedra co regreso de Javi Rey e as chegadas de Pablo Cacharrón e Samu
Por Diego Espiño
O director deportivo do Pontevedra Club de Fútbol, Toni Otero, confirmou este venres nunha rolda de prensa celebrada no Estadio Municipal de Pasarón as tres primeiras fichaxes do novo proxecto deportivo granate.
A incorporación de maior peso é unha volta a casa. Trátase do centrocampista pontevedrés Javi Rey. Aos seeus 30 anos o canteirán, que abandonou o club tras a campaña 2008-2009 en dirección ao filial do Valencia, regresa ao Pontevedra tras dous cursos no Racing de Ferrol e tras defender as cores do Lugo, Celta B, Guijuelo, UD Logroñés, Badajoz e UCAM Murcia.
"Es de casa, va a tirar por el escudo y los colores. Ojalá podamos ser capaces de ver al mejor Javi, el que terminó jugando casi todo en Ferrol. Nos va a dar jerarquía y peso", explicou na súa comparecencia Toni Otero.
O segundo nome é o do porteiro lugués de 24 anos Pablo Cacharrón, que a última tempada defendeu ao Tarazona na Segunda B, tras pasar antes polo Lugo e o Barakaldo. No seu caso ""me parece un portero joven, con mucha ilusión y que puede aportar cosas muy interesantes", sinalou o director deportivo.
Samu e Pablo Cacharrón asinan por dúas tempadas e Javi Rey comprométese por un ano máis outro opcional
Por último aterra en Pasarón o central Samuel Santos ' Samu', procedente do Club Deportivo Choco da Terceira División. A piques de cumprir 21 anos ocupará unha das fichas sub-23. É un "central zurdo, alto y con mucha presencia física y juego aéreo", segundo definiu Otero.
Tanto Samu como Pablo Cacharrón asinan co Pontevedra por dúas tempadas, mentres que Javi Rey comprométese por un ano máis outro opcional.
RENOVACIÓNS
Toni Otero confirmou por outra banda que a renovación de Víctor Vázquez 'Churre' rubricouse por dúas tempadas, mentres que do plantel do último curso "se está negociando con otros dos jugadores". Sen dar os seus nomes, todo apunta a que eses futbolistas son Santi Figueroa e Martín Diz.
O director deportivo defendeu tamén o papel da canteira afirmando que "creo que hay jugadores de mucho nivel y con perspectiva del primer equipo, lo que es una buena noticia para el club", que traballa na confección dun plantel "que intentaremos que sea joven pero con peso para intentar cumplir el objetivo", resolveu.
Relacionadas:
-
Sen adestrador, a 20 días de iniciar a pretempada
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra reforza a súa defensa co lateral dereito Diego Seoane
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra renova a Santi, Martín Diz, Álvaro Cortés e anuncia a fichaxe de Diego Seoane
Por Manu Otero |
-
Racing de Ferrol ou Racing de Pasarón?
Por Manu Otero |
-
Imanol García, quinta saída do Pontevedra rumbo á Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Jorge Fernández, confirmado como novo xogador do Zamora
Por Diego Espiño |
-
Unha pretempada máis tardía do habitual para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Borja Martínez despídese do Pontevedra e pon rumbo a Castelló: "Sólo puedo dar las gracias"
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero explica a salida de Luisito: "No tenía contrato, se valoraron cosas y no hubo entendimiento. Ya está"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra prescinde de Luisito
Por Manu Otero & Diego Espiño |
-
Galicia, Asturias, Madrid e Castela e León: Así será o grupo da Segunda RFEF para Pontevedra e Arosa
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo confirma a renovación de Churre e avanza que o adestrador se saberá "calculo que la semana que viene"
Por Diego Espiño |
-
Xisco Campos despídese do Pontevedra: "Vuestras alegrías serán las nuestras, os seguiremos desde la distancia"
Por Diego Espiño |
-
Eneko Zabaleta pecha a súa etapa no Pontevedra e firma polo Calahorra
Por Diego Espiño |
-
Primeiros pasos para o Pontevedra 21/22
Por Diego Espiño |
-
Toni Otero aterra no Pontevedra "con la ilusión de un niño pequeño cuando vuelve a su casa"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |