Toni Otero explica a salida de Luisito: "No tenía contrato, se valoraron cosas y no hubo entendimiento. Ya está"
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol segue á procura do seu novo adestrador, unha vez descartada a opción de que Luisito continuase no cargo.
A polémica saída do técnico de Teo, molesto coas formas do club, tivo este venres contestación por parte do director deportivo granate, Toni Otero, aínda que querendo esquivar a confrontación.
"Cuando llego se me traslada desde el Consejo de Administración y la presidenta que la opción prioritaria es Luisito. Yo tengo dos reuniones con él y no llegamos a un entendimiento. Yo le deseo toda la suerte del mundo", comezou sinalando Otero.
Máis tarde cualificou o encontro con Luisito como "una reunión profesional" da que "no voy a decir nada más. Hay pocas cosas que valorar. Es una situación normal en el mundo del fútbol. No tenía contrato, se valoraron cosas y no hubo entendimiento, ya está, resolveu.
Descartada a opción do de Teo o Pontevedra traballa agora para atopar adestrador. "Esta semana será importante para decidir quién nos acompaña en este proyecto", explicou o director deportivo, aínda que defendendo tras preguntar os xornalistas presentes sobre as opcións de David Sierra ou de Yago Iglesias que ademais de con o propio Luisito "no ha habido contacto todavía con ningún entrenador".
O que si revelou Otero é o perfil de preparador que busca. "Creo que debemos dar un cambio. Debemos tener un entrenador que pueda incorporar el fútbol base en su día a día. Buscamos a un entrenador que sea capaz de entender que esto en un proyecto de club", asegurou.
Relacionadas:
-
Sen adestrador, a 20 días de iniciar a pretempada
Por Diego Espiño |
-
Imanol García, quinta saída do Pontevedra rumbo á Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Jorge Fernández, confirmado como novo xogador do Zamora
Por Diego Espiño |
-
Unha pretempada máis tardía do habitual para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Borja Martínez despídese do Pontevedra e pon rumbo a Castelló: "Sólo puedo dar las gracias"
Por Diego Espiño |
-
Tripla fichaxe no Pontevedra co regreso de Javi Rey e as chegadas de Pablo Cacharrón e Samu
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra prescinde de Luisito
Por Manu Otero & Diego Espiño |
-
Galicia, Asturias, Madrid e Castela e León: Así será o grupo da Segunda RFEF para Pontevedra e Arosa
Por Diego Espiño |
-
Lupe Murillo confirma a renovación de Churre e avanza que o adestrador se saberá "calculo que la semana que viene"
Por Diego Espiño |