O balonmán regresa este verán ás praias do Morrazo e Sanxenxo
Por Redacción
A xira galega de balonmán praia 2021 regresa ás praias da ría de Pontevedra cun novo formato. O campionato comezará esta fin de semana coa disputa da proba de Bueu, na que xa están rexistrados 70 equipos de todas as categorías.
Durante a presentación do evento, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, destacou a colaboración das institucións para poder sacar adiante este evento.
O novo formato desta xira inclúe dous torneos e cinco probas en total. O primeiro é o torneo da Mancomunidade dos Concellos do Morrazo, integrado por tres probas en Bueu, Moaña e Cangas. A continuación, disputarase o Torneo Galicia Xacobeo 2021 con probas en Sanxenxo e Marín, municipio na que rematará a xira na fin de semana do 23, 24 e 25 de xullo. .
O balonmán praia regresa dous anos despois, xa que o pasado verán non puido haber competición pola pandemia da covid-19. Pero este ano, coas medidas de protección necesarias, o mellor balonmán regresa ás praias da ría de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Suspenden o torneo da xira galega de balonmán praia en Sanxenxo pola alta incidencia de covid
Por Redacción |
-
Bueu empápase de balonmán praia dous anos despois
Por Redacción |
-
Sanxenxo, fiel á súa cita co balonmán praia
Por Redacción |
-
Bueu despídese de catro días de culto ao balonmán praia no Arena 1000
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |