O Arosa 'mima' o céspede da Lomba a unha semana de iniciar a pretempada
Por Redacción
A tempada que se lle presenta ao Arosa por diante é quizais a máis ilusionante en décadas, tras o seu ascenso á Segunda RFEF.
Por ese motivo, e coa pretempada xa ao virar a esquina, no club coidan cada detalle para que todo estea en perfectas condicións cando o balón bote a rodar.
Un deses aspectos é o céspede da Lomba, superado desde hai uns meses o episodio de problemas de mantemento coa adquisición por parte do Concello dunha nova máquina para cortar o verde.
A nove días de iniciar a pretemporada continúan os coidados no terreo de xogo do Municipal A Lomba, que presenta un estupendo aspecto#ForzaArosa #ArosaSC #SegundaRFEF pic.twitter.com/gL5Y4LE27o
— AROSA SC (@AROSASCOFICIAL) July 17, 2021
Desde entón trátase cun mimo extremo o terreo de xogo, no que esperan gozar do bo papel dos seus para asentarse na nova categoría.
No deportivo, os plans do cadro arlequinado é retomar os adestramentos en apenas unha semana, o luns 26 de xullo, para afrontar así unha pretempada de seis semanas antes da estrea na liga prevista para o 5 de setembro.
Relacionadas:
-
Recuperar o céspede da Lomba require a reconstrución do terreo de xogo e custaría medio millón de euros
Por Redacción |
-
Oito partidos na pretemporada do Arosa, o último ante o Pontevedra o 29 de agosto
Por Redacción |
-
O Arosa renova o seu pelotón vigués: Campillo, Pedro García, Coti e Róber Fernández
Por Diego Espiño |
-
Alondras-Pontevedra e Arosa-Rápido de Bouzas na primeira rolda da Copa RFEF
Por Diego Espiño |
-
Pablo Porrúa, cuarta incorporación do Arosa: "Neste momento non hai mellor lugar para crecer"
Por Diego Espiño |
-
O Arosa blinda a súa portería coa renovación do heroe do ascenso, Álex Cobo
Por Almu Dapena |
-
Pedro Beda renova e apúntase ao reto do Arosa na Segunda RFEF
Por Redacción |