Daniel Jiménez, do Supermercados Froiz, acaba terceiro o Gran Premio Ciudad de Vigo
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz participou esta fin de semana no Gran Premio Ciudad de Vigo, no que Daniel Jiménez concluíu no terceiro posto da clasificación xeral.
A competición comezou o sábado coas probas de puntuación e eliminación no circuíto de Navia. O corredor da escuadra alimenticia foi segundo, mentres que o seu compañeiro de equipo, Roberto Mediero acabou cuarto.
Ao día seguinte celebrouse a tradicional contrarreloxo de subida ao Castro de Vigo, no que os corredores do Froiz acabaron quinto e sexto respectivamente. Logo, no circuíto final de 15 voltas, Jiménez volveu subirse ao podio ao acabar terceiro e asegurarse o bronce na clasificación xeral, mentres que Mediero foi quinto.
Relacionadas:
-
O Froiz roza o triunfo na segunda etapa da Volta Galicia e métese de cheo na pelexa pola xeral
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz afronta unha montañosa Volta a Cantabria
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz pon fin a unha semana inesquecible cun quinto posto de Pablo Alonso na Volta Comarca Brigantina
Por Redacción |
-
Pablo Alonso fai historia para o Froiz e coróase na Copa de España en categoría elite
Por Redacción |
-
Un terceiro posto final e a clasificación da montaña, botín do Froiz na Vuelta a Zamora
Por Redacción |