Álex González: "Aínda nos faltan por puír moitos detalles, pero estamos preparados"

Por Manu Otero
O Pontevedra debuta este domingo en Pasarón fronte ao Compostela e no vestiario xa contan as horas para saltar ao céspede e iniciar a competición. "Son semanas longas porque desde que empezamos xa tiñamos en mente o partido do domingo. Afortunadamente xa está aí, xa é semana de competición e estamos con moitas ganas de empezar", afirma o capitán Álex González.
Aínda así, é consciente o extremo cántabro que o equipo se atopa aínda en fase de construción. "Aínda faltan por puír moitos detalles porque a competición esíxeche máis que os adestramentos. O míster inculcounos as súas ideas e nós tentamos interpretalas o mellor posible. Estamos bastante conxuntados, pero será a competición a que che marque onde estás", apunta un González, que ve aos seus compañeiros "con moita ilusión, ganas e preparados para o partido".
Tampouco é alleo o capitán do Pontevedra á profunda renovación á que se viu sometido o club en todos os ámbitos. Desde a renovación do primeiro equipo, a chegada de moitos xogadores novos desde as categorías inferiores ou a contratación dun novo director deportivo e a chegada de Anxo Rodríguez ao banco. "Todas as pretemporadas teñen a súa aquel. É certo que nesta houberon moitos cambios, pero traballamos moitos días e adaptámonos ben. O equipo está conxuntado", insiste o atacante que este ano volverá ser un dos homes máis importantes do equipo.
Relacionadas:
-
RADIO.- PontevedraViva Radio inicia a redifusión de Fondo Norte Podcast
Por Redacción |
-
Ángel Rodríguez: "Teño un plantel bo e un once titular moi competitivo"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra adxudica a Pablo López, Miguel Román e Iñaki as tres fichas sub 23 dispoñibles
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra finaliza a pretempada con vitoria sobre o Verín (0-4)
Por Almu Dapena |
-
A fichaxe dun mediocentro para o Pontevedra, en punto morto
Por Manu Otero |