Víctor Loira regresa ao Ultra Tríatlon Terra Astur para dar luz ás enfermidades intestinais e a ELA
Por Manu Otero
O atleta especializado en probas extremas e unha das caras visibles de Asseii (Asociación Sociosanitaria de Enfermidades Infecciosas Intestinais e Ostomizados), Víctor Loira, volverá competir este ano no Ultra Tríatlon Terra Astur. Unha proba de tres etapas na que participarán 25 deportistas co obxectivo de completar 10 quilómetros a nado e 140 en bicicleta o primeiro día, 280 quilómetros de ciclismo o segundo e 84,4 quilómetros de carreira a pé na última etapa.
A proba celébrase os días 9, 10 e 11 de setembro e será a segunda vez que Loira tente completar esta esixente carreira. Na primeira tivo que retirarse o último día cando só lle quedaban catro quilómetros para terminar como consecuencia dunha caída previa na bicicleta e de problemas coa súa bolsa intestinal. Porque este pontevedrés é o único corredor con problemas intestinais inscrito nesta dura competición.
"Eu fago isto porque me gusta e para dar visibilidade a estas enfermidades, pero nunca poño en risco a miña saúde", puntualiza Loira, quen se ve este ano "en mellores condicións" para conseguir o éxito de terminar unha proba á que acudirá coa súa muller, diagnosticada con ELA e coa que completará parte do percorrido.
O obxectivo final deste reto non é outro que o de dar visibilidade a estas enfermidades e desde que comezou a realizalos, os resultados xa son notorios. A asociación que preside Ángela Paz logrou ofrecer atención psicolóxica a oito familias de pacientes, a implantación de baños para ostomizados, repartir cueiros, máscaras e loitar polos dereitos destas persoas. "É moi importante seguir facendo lestes retos", remarca Paz.
Víctor Loira foi recibido este xoves no Concello de Pontevedra polo concelleiro de Deportes, Tino Fernández, quen quixo agradecer ao deportista, a ASSEII e a todos as asociacións sociosanitarias que axudan aos pacientes polo seu labor. "Víctor é un valente e, remate ou non, é un heroe", destacou o edil, que ve no deportista un exemplo de superación e a demostración de que "os que padecemos enfermidades intestinais podemos facer deporte con normalidade".
Relacionadas:
-
Unha campaña levará dun xeito lúdico a enfermidade inflamatoria intestinal aos escolares pontevedreses
Por María José Pita |
-
ASSEII inaugura unha exposición fotográfica dedicada a persoas con ostomía
Por Redacción |
-
As sedes institucionais visibilizan a artrite e as enfermidades inflamatorias intestinais
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan unha sesión de adestramento na praza de España para dar visibilidade ao Chron e a Colite Ulcerosa
Por Redacción |
-
Unha xornada para visibilizar ao colectivo con doenzas reumátolóxicas
Por Redacción |
-
Un hostel de Pontevedra, primeiro de España en ofrecer un aseo adaptado para persoas ostomizadas
Por Redacción |
-
Víctor Loira encara unha nova "tolemia" para dar visibilidade ás enfermidades intestinais
Por Manu Otero |