Dobre cita co mellor boxeo galego en Portonovo e Marín
Por Redacción
O boxeo toma protagonismo na comarca durante o mes de decembro cun dobre evento de nivel.
En primeiro lugar o pavillón de Baltar, en Portonovo, será escenario os días 4, 5 e 6 de decembro dos Campionatos Galegos Elite e Promesas, coa presenza dun centenar de competidores de toda a comunidade.
Unha cita en actuaraa de local o Team Thunder marinense, representado por Amancio Martínez na categoría Promesas de -71 quilos e Aarón González no mesmo peso da categoría Elite.
Tras este campionato o ring trasladarase á beira contraria da ría, ao pavillón marinense da Cañota, para gozar o sábado 11 de decembro da III Copa Galicia de Boxeo, na que unha Selección Galega medirase a un combinado de deportistas da Comunidade Valenciana.
Será unha intensa velada, con catro combates previos nos que se darán a coñecer as novas promesas do Team Thunder como Pablo Lubián, Raúl Loira, David González e Yohana Jiménez.
Tras estes enfrontamentos a Copa Galicia en si contará con 7 combates máis a tres asaltos, nos que participarán por Galicia os púxiles Ángelo Vázquez, Amancio Martínez, Martín García, Manel López, Goyo Rubio, David Álvarez e Aarón González.
As entradas para o evento da Cañota teñen un prezo de 10 euros anticipada (Café Nao e Five Sport en Marín, La Vieja Escuela de Vigo e Gym Workout de Bueu) e de 12 euros en despacho de billetes.
Relacionadas:
-
Velada máxica de boxeo na Cañota coa III Copa Galicia
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Yohana Jiménez, campioa de España júnior de boxeo
Por Redacción |
-
Aarón González, ouro no Campionato de España de Boxeo
Por Redacción |
-
Aarón González, clasificado para o Campionato de España Absoluto de boxeo
Por Redacción |