Seis novas caras no equipo feminino da Gimnástica para soñar co ascenso a División de Honra
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra ultima o seu equipo feminino de cara a tempada 2022, na que parte na Primeira División coa ilusión de pelexar polo ascenso á máxima categoría nacional.
Para iso a veterana entidade pontevedresa pechou seis fichaxes cos que espera dar un salto de calidade especialmente no sector de mediofondo, valos longos e os obstáculos.
María Campo é un deses reforzos. Atleta castelán-leonesa, aterrou en Pontevedra por estudos uníndose á disciplina da Gimnástica como especialista en probas de mediofondo, sobre todo os 800 metros, e tamén como adestradora das escolas de base.
A máis nova en chegar é Isa Caeiro, atleta adestrado polo ximnástico Manuel Hurtado e que se centrará nas probas de fondo e obstáculos.
Pola súa banda Ainara Rodríguez procede da Escola Atlética Lucense estando enfocada ás disciplinas de 400 e 800 metros lisos, mentres que Carmen Vitoria González, tamén adestrada por Hurtado, chega ao club como a vixente subcampioa galega de 800 metros e terceira nos 400 metros.
Por último Hasna Grioui será a especialista nos 400 metros valas e a coruñesa Ana Pajarrón reforzará o sector das carreiras de valos.
Segundo explica o directo deportivo do club, Santi Ferrer, "coas fichaxes reforzamos disciplinas nas que tiñamos puntos débiles e pouco fondo de armario. Seguimos confiando na evolución das atletas que proveñen das escolas para que o equipo siga crecendo e sendo competitivo tanto a nivel autonómico como nacional".
TRES BAIXAS
No apartado de baixas a Sociedad Gimnástica terá que sobrepoñerse a tres marchas sensibles, atletas da casa como Inés Martínez, Natalia Meaños e Helena Suárez.
Relacionadas:
-
A Gimnástica revalida título na XVII Copa Xunta de Galicia en Pista Cubierta
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A Gimnástica reforza o seu equipo masculino con tres lanzadores e tres corredores
Por Redacción |
-
Antía Chamosa finaliza segunda no CGTD no autonómico de marcha
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Sociedad Gimnástica e CD Pinarium unen as súas forzas
Por Redacción |
-
Eugenia Gil, atleta da Gimnástica, mellor árbitra da tempada da liga Iberdrola
Por Redacción |