O Galaico despide o 2021 desde o máis alto da natación galega
Por Redacción
O Club Natación Galaico proclamouse campión galego absoluto de inverno tras a disputa do campionato durante os días 28, 29 e 30 de decembro en Lugo. O CN Ponteareas e o Pavillón de Ourense acompañaron ao equipo pontevedrés no podio.
As primeiras xornadas foron para as probas femininas nas que tampouco puideron participar Beatriz Gómez nin Nayara Fernández, convalecentes pola covid-19.
Aínda así, as lerezanas impuxéronse con autoridade nas substitucións de 4x100 libre, 4x50 libre, 4x200 libre e acabaron segundas en 4x50 estilos e 4x100 estilos. Son destacables os récords galegos logrados por Antía García en 50 libres e 50 bolboreta, así como as mellores marcas galegas de idades de Alicia Bouzas en 200 costas e Gabriela Simón en 100 costas.
Na tarde do segundo día e toda a última xornada competiron os mozos, destacando Daniel Sánchez, Cristian Fernández, Bruno Rey, Juan David Hernández que nadaron a ritmo de medalla por proba.
As medallas nas remudas valeron para asentar a vitoria final na clasificación conxunta e así rematar un primeiro ciclo redondo para o club pontevedrés, que conseguiu o ascenso na Copa de España, o título de campións galegos de longa distancia e o título de campións galegos absolutos de inverno.
Relacionadas:
-
O Natación Galaico deixa a incerteza de lado para competir en Cádiz no Nacional Infantil
Por Redacción |
-
O Nacional de Inverno Máster de Natación regresa a Pontevedra en busca da normalidade
Por Redacción |
-
O Natación Galaico ponse a ton en Póvoa de Varzim
Por Redacción |
-
O equipo feminino do Galaico consigue na casa o ascenso á Primeira División
Por Redacción |
-
O Natación Galaico adxudícase o Campionato Galego de Longa Distancia
Por Redacción |