Un Torneo de Reis de atletismo pasado por auga
Por Redacción & Cristina Saiz
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva viviu este mércores 5 de xaneiro unha xornada festiva coa cuarta edición do Torneo de Reis organizado polo Club Atletismo Rías Baixas.
Preto de 400 atletas de todas as categorías e chegados desde diferentes puntos da comunidade déronse cita en Pontevedra nunha cita que marca para moitos o inicio da tempada competitiva ao aire libre.
Aínda que a choiva fixo aparición en varios momentos da xornada, iso non terminou co espírito deportivo e competitivo dun torneo que se prolongou ata aproximadamente as 14.00 horas da tarde.