Jose Tellería é reelixido para presidir o Club Waterpolo Pontevedra outros catro anos
Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra celebrou o pasado venres 21 de xaneiro a súa asemblea anual ordinaria de socios no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia seguida doutra asemblea extraordinaria para celebrar eleccións á presidencia do club e renovar a xunta directiva de acordo cos estatutos da entidade.
Os socios do club con dereito a voto, tanto de maneira directa e presencial como a través do voto delegado, ratificaron por unanimidade a reelección de José Ángel Tellería Couñago como máximo responsable da entidade para os catro próximos anos e a proposta de composición da nova estrutura directiva, que foi a única candidatura que se presentou á presidencia do club.
De modo que a nova xunta directiva do CW Pontevedra neste novo período será a formada polos seguintes integrantes: Jose Tellería (presidente), Francisco Andión (vicepresidente), Carmen Graña (tesoureira), Ángel González (secretario), Javier de Saa (director técnico), Manuel Amoedo, Enrique García e Alberto López (vogais).
Relacionadas:
-
José Tellería dimite como presidente del Waterpolo Pontevedra "por motivos persoais e profesionais"
Por Diego Espiño |
-
Tripla cita para o waterpolo galego no CGTD reunindo máis de 200 deportistas
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra asegúrase chegar líder ao play-off polo título da Liga Galega Feminina
Por Redacción |
-
A piscina do CGTD acolle o sábado un campionato galego cadete de waterpolo
Por Redacción |
-
As xogadoras do CW Pontevedra fanse coa Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra busca o pleno na Copa Galicia masculina e feminina
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra inicia o ano con liderado na Liga Galega
Por Redacción |
-
O Plan Nacional de Tecnificación Deportiva de Waterpolo aterra en Pontevedra
Por Redacción |