O Waterpolo Pontevedra asegúrase chegar líder ao play-off polo título da Liga Galega Feminina
Por Redacción
A falta dunha xornada para a conclusión da fase regular na Liga Galega Feminina de División de Honra, o Club Waterpolo Pontevedra asegurou o liderado e contar con vantaxe no play-off polo título.
O equipo pontevedrés, composto por unha mestura das súas xogadoras e do CW Pabellón Ourense, asegurouse ese privilexio ao superar a pasada fin de semana o CW Santiago por 15 goles 10.
O Waterpolo Pontevedra camiña con paso firme esta campaña, e é que ata a data sumou sete vitorias e ningunha derrota na competición ligueira.
Agora, coa clasificación definida, nas semifinais polo título esperará de novo o CW Santiago nunha eliminatoria a dous partidos coa ida na capital galega o 26 de marzo e a volta na cidade de Lérez.
A segunda das semifinais disputarana o RCN Vigo e o CW Coruña Rías Altas.
Relacionadas:
-
Dous partidos separan o Waterpolo Pontevedra de dar o salto a Nacional Feminina
Por Redacción |
-
Tripla cita para o waterpolo galego no CGTD reunindo máis de 200 deportistas
Por Redacción |
-
Jose Tellería é reelixido para presidir o Club Waterpolo Pontevedra outros catro anos
Por Redacción |
-
As xogadoras do CW Pontevedra fanse coa Copa Galicia
Por Redacción |