Ángel Rodríguez: "Para moitos o gusto é que xogue con dous dianteiros fixos, Charles e Rufo, pero para min o gusto é outro"
Por Diego Espiño
O que funciona, mellor non tocalo ou facelo o xusto. É o que pensa Ángel Rodríguez no Pontevedra Club de Fútbol, e é que o técnico defendeu este venres na roda previa á xornada que medirá aos granates co Marino de Luanco en Pasarón (domingo 27, 17.00 horas), a súa intención de repetir o once que tan bos resultados deulle esta tempada, e ao que volveu o pasado domingo no Carballiño con éxito para superar a súa pequena xeira negativa de resultados.
"Entendo que para moitos o gusto é que xogue con dous dianteiros fixos, Charles e Rufo, pero para min o gusto é outro, aínda que ao final entre o gusto teu e o meu hai unha cousa en común, e é que o Pontevedra gañe, e mentres o Pontevedra gañe entendemos que temos que seguir igual", explicou ante os medios de comunicación resolvendo un debate habitual desde o inicio da tempada.
"O equipo está capacitado para xogar de diferentes formas pero atopamos unha forma na que os resultados nos chegan dunha maneira máis fácil e entendemos que o equipo provoca moitas ocasións xogando así e ten moitas posibilidades de gol e de vitoria. Mentres esteamos así e as cousas vaian funcionando entendo que non hai por que tocar", incidiu Rodríguez aínda que coa condición de que en ocasións como "a semana que vén que imos a un campo moito máis pequeno e entendes que o modelo ten que ser parecido, non igual, ou pode que distinto, xa veremos", avanzou.
No que respecta ao próximo rival en liga, un Marino de Luanco en zona de descenso con 24 puntos, o adestrador granate non se fía dun equipo que, avisa, "é o terceiro equipo que fai máis goles fóra da casa, co cal che dá un dato que é un equipo que non se encerra, que é alegre, que ten xogadores que corren ben ao espazo e que nos vai a obrigar a estar moi atentos todo o partido".
A mellor noticia para o técnico é que poderá contra con todo o plantel á súa disposición para a cita. Non así o cadro asturiano que perderá por sanción o extremo Iván Fernández. Ademais o seu adestrador José Manuel Menéndez non poderá sentar polo mesmo motivo no banco de Pasarón.
Relacionadas:
-
Ángel Rodríguez incide no penalti non pitado a Brais Abelenda: "Es imposible que no lo haya visto, lo hemos visto todos"
Por Almu Dapena |
-
O árbitro, triste protagonista nun polémico empate do Pontevedra contra o Marino (0-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Marino de Luanco, unha volta despois do partido que supuxo un punto de inflexión para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Rufo recupera o sorriso e deixa atrás a sombra da súa lesión: "Pensaba que me ían a quedar secuelas"
Por Diego Espiño |
-
O dobrete de Seoane suma á defensa ao festival goleador do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Ángel Rodríguez: "El equipo ha vuelto a ser el que era fuera de casa"
Por Almu Dapena |
-
Sólido triunfo do Pontevedra no Carballiño (1-5) para colocarse a tiro de pedra do líder
Por Diego Espiño |