Iñaki Canal, da Gimnástica, consigue en Ourense o billete para o mundial de Belgrado
Por Redacción
O mellor atletismo nacional citouse en Ourense a pasada fin de semana e entre eles estaban once atletas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que competiron no Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta.
O máis destacado do equipo pontevedrés foi Iñaki Canal. O velocista asinou a súa mellor marca persoal na semifinal e conseguiu o billete para o mundial de Belgrado que se celebrará entre o 18 e 20 de marzo despois de completar os 400 metros lisos en 46:23. Na final foi capaz de plantar cara aos favoritos, pero quedou ás portas do podio cun meritorio cuarto posto.
Co mel nos beizos quedou tamén Oriol Madi nos 200 metros lisos, quen cruzou a meta en segunda posición, pero dous atletas da outra serie foron máis veloces que el e relegárono ao cuarto posto cunha marca de 21.18.
Aínda que foron os únicos que lograron meterse na final, desde a Sociedad Gimnástica móstranse moi satisfeitos co rendemento dos seus atletas, que "demostraron un gran nivel sobre o tartán".
Máis destacada foi a participación dos representantes galegos, que pecharon a súa participación no nacional con tres medallas de ouro, un bronce e catro récords galegos.
Relacionadas:
-
Víctor Gallego e Lucía Ferreiro, da Gimnástica, contribúen con dous ouros ao éxito español no europeo máster
Por Redacción |
-
Dous postos de finalista, balance da Gimnástica no Nacional Sub-23
Por Redacción |
-
Antía Chamosa, convocada para o Mundial de marcha por equipos que se celebrará en Omán
Por Redacción |