O momento de Rufo: "Esperamos que demostre o importante que é para o equipo"
Por Diego Espiño
A ausencia de Charles por sanción abre a porta da titularidade no Pontevedra ao outro dianteiro referencia do equipo, Rufo, que será da partida este sábado (19.00 horas) na visita da Gimnástica Segoviana ao Estadio Municipal de Pasarón.
Así o confirmou o técnico granate, Ángel Rodríguez, na súa habitual rolda de prensa previa ao choque, na que asegurou que o dianteiro madrileño "sempre dixen que é un xogador moi importante aínda que por circunstancias non xogase".
Agora, súa será a responsabilidade de comandar un ataque que quedou seco en catro do últimas cinco xornadas (coa excepción dos 5 goles anotados no Carballiño). "O sábado vai ter a súa oportunidade, vai xogar e todos esperamos que demostre o importante que é para o equipo", avanzou Rodríguez.
Ata a data Rufo só foi titular en sete xornadas, o mesmo número de goles que leva na súa conta. Curiosamente a última vez que partiu no once inicial e 'mollou' foi na primeira volta contra a propia Segoviana, antes de lesionarse nese mesmo partido.
En canto ao encontro desta semana, Ángel Rodríguez mostrouse confiado de poder deixar atrás o mal momento de resultados, aínda que para iso sexa necesario "mellorar nas áreas" e, sobre todo, "o que non podemos é meter o segundo gol antes do primeiro, creo que é importante que vaiamos facendo as cousas paso a paso e ben, cun xogo sinxelo pero con intensidade alta".
"Ao vestiario véxoo moi optimista e é algo que me dá tranquilidade. O equipo está convencido de que vai conseguir o obxectivo a final de tempada", defendeu o preparador granate avisando en todo caso que contra a Segoviana "non vai ser un partido fácil" ao ser "un equipo que ten menos puntos dos que debería polo xogo que realiza".
Relacionadas:
-
Goleada balsámica do Pontevedra fronte á Gimnástica Segoviana (3-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Diego Seoane pide un voto de confianza no Pontevedra porque "entre todos ímolo sacar"
Por Diego Espiño |
-
A sanción para Charles queda en dous partidos
Por Diego Espiño |
-
Redución no prezo das entradas e promoción a socios para recibir á Gimnástica Segoviana
Por Redacción |
-
Charles exponse a unha posible sanción de 4 partidos pola súa expulsión fronte ao Llanera
Por Diego Espiño |
-
O Llanera reduce ao Pontevedra (1-0)
Por Manu Otero |