Iñaki Cañal, da Gimnástica, proclámase subcampión Mundo en Belgrado
Por Almu Dapena
O atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Iñaki Cañal, levouse a prata na proba do 4x400 do Campionato do Mundo de Pista Cuberta celebrada esta fin de semana en Belgrado.
Cañal debutou no campionato o domingo ás 11:10 horas cos seus compañeiros de selección Bernat Erta, Manuel Guijarro, Bruno Hortelano e Javier Sánchez. O cuarteto gañou a súa serie cun tempo de 3:06.98 que lle deu o pase directo á final que se disputou esa mesma tarde ás 19:30 horas. Ademais, con ese tempo lograron a mellor marca española do ano e terceira mellor da historia.
Xa pola tarde, os representantes españois do 4x400 viviron unha xornada inesquecible na que se proclamaron subcampións do mundo. Cañal, Ertra, Guijarro e Hortelano cruzaron a liña de meta cun tempo de 3:06.82, só por detrás dunha Bélxica que levou o ouro.
Con este resultado, España finaliza o Campionato do Mundo en cuarta posición mundial e primeira de Europa.
El triunfo del equipo, la alegría y la felicidad del éxito de una medalla que nos sabe muy dulceeeee
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) March 20, 2022
#EspañaAtletismo vibra en Belgrado@BrunoHortelano@inaki_canal @ManuelGuijarro2 @Ertamajo400#PasiónPorCompetir pic.twitter.com/oMIR0mE9v8
Relacionadas:
-
Iñaki Cañal, da Gimnástica, contribúe ao cuarto posto da remuda española no europeo de Múnich
Por Redacción |
-
Antía Chamosa suma experiencia internacional cun posto 15 no Europeo de Munich
Por Diego Espiño |
-
O CGTD encherase de atletismo coa primeira xornada de Primeira División Feminina e co Circuito en Pista
Por Redacción |
-
Conseguir un dobrete no Campionato Xunta de Galicia de Atletismo, todo un reto para a Gimnástica
Por Redacción |
-
Bronce para Marina Artemia Pérez na súa estrea nun Campionato de España en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
O CGTD será sede da primeira xornada de liga na Primeira División Feminina de atletismo
Por Redacción |
-
A Gimnástica revalida título na XVII Copa Xunta de Galicia en Pista Cubierta
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Manuel Hurtado e Edymar Brea corónanse no Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A Sociedad Gimnástica incorpora oito atletas para manterse un ano máis en División de Honra
Por Redacción | Creada e actualizada