Primeira xornada de peche total no Complexo Deportivo Rías do Sur
Por Diego Espiño
A empresa Supera, concesionaria da xestión do Complexo Deportivo Rías do Sur, cumpriu co avanzado hai uns días pechando por completo este venres 1 de abril as instalacións deportivas de Ponte Muíños.
Un conciso cartel na entrada do complexo avisaba aos poucos atrasados que puidesen achegarse que o "CD Rías do Sur pecha as súas portas para partir do 1 de abril de 2022".
Este paso adoptado pola concesionaria pon en marcha o reloxo da Fundación Rías do Sur, que se no prazo de 30 días non se reabren as instalacións e reactívase o servizo poderá executar unha cláusula no contrato con Supera para recuperar a xestión extinguindo os 14 anos que lle restaban de explotación. Unha posibilidade avanzada recentemente polo presidente da Fundación, Héctor Vilariño.
Consumado o peche completo do complexo deportivo, iniciado o 11 de marzo cando se botou o cadeado á zona de auga da piscina olímpica, os clubs deportivos que alí afán desenvolver a súa actividade manteñen as medidas de protesta e presión.
Neste sentido o Club Natación Galaico, o Club Galaico Sincro e o Club Waterpolo Pontevedra, que contan nas súas filas con ao redor de medio milleiro de deportistas federados de todas as idades, convocaron para este sábado 2 de abril unha manifestación que percorrerá o centro da cidade, partindo ás 18.00 horas desde a Pasarela para finalizar na Praza da Ferrería.
Relacionadas:
-
Anulado por un defecto de forma o auto xudicial que obrigaba a reabrir de maneira inmediata Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
O xulgado ordena a reapertura inmediata da piscina olímpica de Ponte Muíños
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
O conflito de Rías do Sur, nas mans dos asesores xurídicos
Por Almu Dapena |
-
Os nadadores seguirán un mes máis nas piscinas do CGTD e a Escola Naval á espera de resolver o conflito en Rías do Sur
Por Redacción |
-
Inician unha recollida de firmas en Change.org contra o peche do Complexo Deportivo Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
O clamor dos clubs deportivos polo peche de Rías do Sur percorre as rúas de Pontevedra
Por Cristina Saiz & Diego Espiño |
-
Cruzamento de declaracións entre o Galaico Sincro e Supera polo peche de Rías do Sur: "Non secuestramos nenos"
Por Diego Espiño |
-
As protestas polo peche da piscina olímpica trasládanse ao centro da cidade
Por Redacción |
-
Unha cláusula permite á Fundación Rías do Sur recuperar a xestión se Supera pecha o complexo deportivo
Por Diego Espiño |
-
Supera anuncia o peche completo de Rías do Sur a partir do 1 de abril
Por Diego Espiño |
-
Supera reclama preto dun millón de euros para renunciar á súa concesión en Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Deportistas e usuarios de Rías do Sur concéntranse en protesta polo peche da piscina olímpica
Por Diego Espiño |
-
Os clubs que adestran en Rías do Sur intensifican a súa presión porque #LaOlímpicaNoSeCierra
Por Diego Espiño |