Luisito: "Tivemos o 2-0 con Luís Nuño e aí foi a clave na que se puido resolver o partido"
Por Diego Espiño
Era o seu primeiro partido como adestrador do Arosa, por iso José Luis Míguez 'Luisito' valorou positivamente en rolda de prensa o empate conseguido pola seus fronte ao Pontevedra na Lomba, aínda que coa espiña de ver moi preto o triunfo.
"Estou contento e orgulloso polo traballo dos futbolistas pero obviamente o resultado non me deixa contento. Enfrontabámonos a un equipo moi bo, pero creo que nós hoxe estivemos a un nivel mesmo un pouco mellor do que eu pensaba, porque tivemos poucos días para adestrar", analizou o preparador.
Para o técnico de Teo, que como única pega aos seus puxo os primeiros minutos da segunda parte por replegarse demasiado defensivamente, "eles tiveron unha ocasión moi clara con Javi Rey de cabeza que botou fóra pero nós tivemos o 2-0 con Luís Nuño e aí foi a clave na que se puido resolver o partido".
A repartición de puntos non permite o Arosa saír dos postos de descenso, pero "faltan catro partidos, 12 puntos, e estamos aínda con vida", defendeu Luisito.
En canto á xogada polémica do derbi, coa expulsión de Alberto Rubio no Pontevedra ao entender o colexiado que simulou unha caída dentro da área, o adestrador arlequinado asegurou que "acabo de vela e está claro que non é penalti".
Luisito deixou tamén para concluír unha mensaxe de agradecemento á afección de Vilagarcía: "Un 10 para a afección do Arosa, aos rapaces leváronos no aire. A única maneira de salvarnos é que vaiamos todos unidos".
Relacionadas:
-
A Lomba abre as súas portas para a final pola permanencia entre Arosa e Móstoles
Por Manu Otero |
-
O efecto Luisito ameaza a un Compostela en caída libre
Por Redacción |
-
Autobuses gratuítos para apoiar o Arosa na súa visita ao Compostela
Por Redacción |
-
Ángel Rodríguez: "Este árbitro pitounos na casa, equivocouse e a sensación que che dá é que quere compensar"
Por Diego Espiño |
-
Empate insuficiente para Arosa e Pontevedra nun derbi de alta voltaxe (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |