O efecto Luisito ameaza a un Compostela en caída libre
Por Redacción
Un só partido bastoulle a Luisito para demostrar que o Arosa ten argumentos futbolísticos suficientes para conseguir a permanencia. A marxe de erro é mínimo, pero os de Vilagarcía xa demostraron a semana pasada, ao poñer ao líder contra as cordas, que son capaces de plantar cara a calquera. "Estamos preparados e máis do que o necesitamos nós, non o necesita ninguén", insiste o preparador arosano.
Fai fincapé Luisito na necesidade de afrontar o partido deste domingo (12 horas) cunha mentalidade gañadora "porque cada vez queda menos". É consciente o técnico de que o Vero Boquete "é un campo moi esixente, pero temos que saír de alí cos tres puntos porque se nos vai a vida".
O equipo traballou esta semana a dobre sesión, pero aínda así aínda non tiveron todo o tempo necesario para interiorizar os conceptos que o novo adestrador trata de implantar no equipo, é por iso que Luisito está a centrarse máis no plano mental que no táctico. "Quero inculcar aos futbolistas que non fútbol todo é posible. Faltan 12 puntos e estamos preto. Mentres haxa, vida hai esperanza", sostén o de Teo.
Sobre a mala serie do rival, o Compostela acumula oito partidos sen gañar, o preparador prefire non telo en conta. "Eu respecto moito aos rivais, as estatísticas non valen para nada porque cada partido é un mundo", declara. Por iso, esixe aos seus que estean "superconcentrados e superintensos" porque "no fútbol está todo moi igualado e xa demostramos a semana pasada que a un partido pode pasar calquera cousa".
Un detalle que pode desequilibrar a balanza é o apoio do público. Luisito quixo agradecer o papel da afección no último partido fronte ao Pontevedra e está seguro de que haberá desprazamento masivo de afeccionados a Santiago. "Cidade e futbolistas temos que ser un para saír adiante", rematou o adestrador, que espera recuperar a Mon para o partido do domingo.
Relacionadas:
-
Un penalti no desconto condena o Arosa en casa do Compostela (2-1)
Por Almu Dapena |
-
Autobuses gratuítos para apoiar o Arosa na súa visita ao Compostela
Por Redacción |
-
Luisito: "Tivemos o 2-0 con Luís Nuño e aí foi a clave na que se puido resolver o partido"
Por Diego Espiño |
-
Empate insuficiente para Arosa e Pontevedra nun derbi de alta voltaxe (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |