Alberto Rubio, sanción segura aínda que prospere un recurso do Pontevedra
Por Diego Espiño
A segunda cartolina amarela mostrada polo árbitro a Alberto Rubio cando este reclamaba penalti, coa súa consecuente expulsión, foi a xogada polémica do partido entre Arosa e Pontevedra, con declaracións contundentes respecto diso como a de Ángel Rodríguez en sala de prensa ou a oposta de Luisito.
Interpretacións á marxe, o único seguro é que esa acción carrexará sanción para o futbolista granate, aínda que desde o club da Boa Vila se teña presentado recurso ante o Comité de Competición para lograr que lle sexa retirada a segunda amoestación.
Non se trata dun aspecto menor xa que Rubio chegaba á cita con 4 tarxetas, a unha da suspensión, polo que de manterse a súa expulsión cumprirá un encontro de castigo pero seguirá apercibido. Pola contra de prosperar o recurso aínda que perderá o duelo da próxima fin de semana fronte ao Langreo afrontaría a recta final de competición nun novo ciclo de tarxetas, sen risco por tanto de sanción por este motivo.
Alberto Rubio, un dos homes que acumula máis minutos esta campaña co Pontevedra, era un dos catro apercibidos cos que contaba o cadro granate xunto a Charles, Churre e Brais Abelenda.
A esta lista sumouse agora o outro central titular do equipo, David Soto, nunha situación que pode chegar a ser complexa para as últimas xornadas da competición.
Pola súa banda con tres amarelas están outros xogadores como Pablo Cacharrón, Romay e Oier Calvillo.
Relacionadas:
-
Ángel Rodríguez ten claro o substituto de Rubio fronte ao Langreo: "Agora o que fai falta é que ese xogador se reivindique"
Por Diego Espiño |
-
Brais Abelenda vese máis anos no Pontevedra: "Se as cousas van ben esperemos seguir aquí"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Desestimado o recurso do Pontevedra pola segunda tarxeta a Alberto Rubio na Lomba
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra repite promoción para recibir o Langreo, cunha invitación de balde para cada socio
Por Redacción |
-
Álvaro Cortés engrosa a enfermería do Pontevedra por "un problema muscular no abdutor"
Por Redacción |
-
Ángel Rodríguez: "Este árbitro pitounos na casa, equivocouse e a sensación que che dá é que quere compensar"
Por Diego Espiño |
-
Empate insuficiente para Arosa e Pontevedra nun derbi de alta voltaxe (1-1)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |