Marín, sede do 33 Stage Internacional de Judo
Por Redacción
O CEIP San Narciso de Marín convértese estes días na casa do judo.
Alí concéntranse 150 deportistas de España e Portugal no marco do 33 Stage Internacional de Judo en categoría júnior, tanto masculina como feminina, organizado pola Federación Galega de Judo.
Neste stage, que este xoves visitou o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participan 63 mulleres judokas e 87 homes, ademais de 24 técnicos, con representantes da selección galega, española, catalá, balear e portuguesa.
Os adestramentos serven de preparación para o próximo Mundial Júnior de Judo que se celebrará na localidade ecuatoriana de Guayaquil, no que estará presente unha deportista bolseira no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, Laura Vázquez.