Volve este domingo a mini BTT de Salcedo con 400 prometedores ciclistas
Por Redacción
Os montes de Salcedo serán escenario este domingo dunha cita moi especial: a sexta edición da mini BTT que cada ano organiza o Club Ciclista Farto en colaboración coa Comunidade de Montes de Salcedo e o Concello de Pontevedra.
Desde a organización esperan a participación de 400 menores de 6 a 14 anos divididos en tres categorías e que tomarán a saída en tres quendas.
"É unha proba moi bonita de ver porque se ve a ilusión coa que traballan todos vos nenos e nenas que participan", destaca o coordinador da sección de bicicleta de montaña do Club Farto, Anxo Gómez.
O director deportivo da entidade destaca a importancia da sección de BTT do club, á que pertencen a metade das 125 licenzas coas que conta o equipo pontevedrés.
Na presentación do evento estivo tamén o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, quen puxo en valor a celebración dunha carreira que "xa é un clásico do noso verán". Así mesmo, o tenente de alcalde destacou a importancia de realizar este tipo de probas con participación masiva e tanto respaldo social debido a que serven para acoller logo na cidade probas máis grandes e de maior repercusión.
Relacionadas:
-
A VII MiniBTT regresa este domingo aos montes de Salcedo
Por Redacción |
-
A mini BTT de Salcedo imponse á calor e celebra a súa sexta edición
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Salcedo recibirá este domingo centos de ciclistas para participar na quinta Mini BTT
Por Redacción |
-
Máis de 400 nenos pedalean na IV Mini BTT de Salcedo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Salcedo rende culto por cuarto ano ao 'Mini BTT'
Por Redacción |