Corenta páxinas de oda ao fútbol pontevedrés na revista O Dez
Por Manu Otero
Panenka, Líbero ou France Football son revistas dedicadas ao deporte rei que publican de forma periódica coidados reportaxes, profundas entrevistas ou historias secretas relacionadas co balón. En Galicia está O Dez, que centra a súa publicación número 9 nun amplo, rico e para moito descoñecido fútbol pontevedrés.
Cunha coidada maquetación que en nada envexa a estas publicacións de tirada internacional, O Dez abre en canle, en corenta páxinas e dez reportaxes, o máis destacado da historia do balompé da Boa Vila.
Non faltan nas súas páxinas a historia do primeiro futbolista galego en lograr unha medalla nuns Xogos Olímpicos, como Luís Otero; tampouco unha, aínda que aínda moi nova, referente do fútbol feminino patrio como Tere Abelleira. E, como non podería ser doutra maneira, un emotivo recordo ao gran capitán do Hai que Roelo, Eduardo Dapena Lis, máis coñecido como Cholo, que agora segue ao seu Pontevedra desde o ceo.
Óscar Losada, Luís Timiraos, Miguel Pardo, Xabier Maceiras, Carlos Castro, Diego Gómez e Víctor Freixanes son os autores deste decálogo xornalístico que ningún amante do balompé e da historia da capital do Lérez pode deixar de ler.
O balón é o denominador común de cada unha destas historias, pero o contido das mesmas é tan diverso como sorprendente. Luís Otero xa non é un descoñecido, pero seguro que moitos non coñecían a vida do seu veciño Pasarín, un carácter indomable que levou ao Valencia ao título de liga desde o banco; ou que Jose Ufarte, fiel escudeiro de Luís Aragonés, é unha icona no equipo máis importante de Brasil, o Flamengo.
Tamén hai eespacio para episodios curiosos vividos en Pasarón. Un dos mellores futbolistas da historia do fútbol africano vestiu a granate nos anos 70, o adestrador que gañou Copas de Europa co Real Madrid e que, ao seu pasamento, foi incinerado co escudo do Pontevedra no peito, ou a historia de rivalidade entre os equipos pontevedreses nas primeiras décadas do século XX.
Do mesmo xeito repasan as traxectorias de dúas figuras futbolísticas de épocas dispares. Teresa Abelleira, que está a cumprir un soño en club do Santiago Bernabéu; e Martín Esperanza, formado na casa branca e convertido en estrela a beiras do Lérez.
O peche deste monográfico non podía levar outro selo que o de Cholo. Desde o pasado 27 de marzo, a familia do Pontevedra chora a morte do seu eterno capitán. En recordo da súa figura, O Dez reproduce o artigo que Vïctor Freixanes dedicoulle en agosto do 2021 para felicitar ao condutor do autobús granate polo seu 88 aniversario.
A revista complétase con outros artigos relacionados coa historia da selección autonómica de Galicia ou o dun afeccionado galego que parou un penalti a Beckham, así como outras moitas pezas tan chamativas como interesantes relacionadas co mundo do cinema, a literatura ou a creación literaria.
O número 9 da revista O Dez está xa á venda en kioskos e tendas especializadas polo prezo de 5 euros a unidade.
Relacionadas:
-
O exgranate Fran Rico inicia a súa carreira nos bancos como segundo de Mendilíbar no Sevilla
Por Manu Otero |
-
Tere Abelleira recibe a chamada da Selección para disputar a Copa de Nacións en Australia
Por Redacción |
-
O Pontevedra golea o Vilalonga no segundo test de pretempada (0-6)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Ilusionante vitoria do Pontevedra no seu primeiro duelo de pretemporada fronte ao Lugo (1-0)
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Falece Gerardo Dios, último representante da fundación do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A lesión de Salma Paralluelo abre as portas da Eurocopa a Tere Abelleira
Por Manu Otero |
-
O espírito de Cholo descansa para sempre no seu querido Pasarón
Por Diego Espiño |